Mab (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Mab é unha lúa interior do planeta Urano. Foi descuberta por Mark R. Showalter e Jack J. Lissauer no 2003 usando o Telescopio Hubble.[3] Recibiría máis tarde o nome da Raíña Mab, unha raíña do folclore inglés que é mencionada na obra de William Shakespeare, Romeu e Xulieta.[4] Mentres non foi bautizada co seu nome oficial, Mab recibiu a designación temporal de S/2003 U 1'.[3] Tamén foi designada coma Urano XXVI.[4]
Debido a que a lúa é pequena e escura, non foi detectada nas imaxes tomadas pola Voyager 2 durante o seu sobrevoo de Urano no 1986. Pero Mab é máis brillante cá lúa Perdita, a cal foi atopada no ano 1997 a partir de imaxes da Voyager. Isto levou ós astrónomos a revisa-las vellas imaxes da Voyager, e finalmente o satélite foi recuperado.[1]
Remove ads
Tamaño e órbita
O tamaño de Mab está pouco definido. Se é tan escuro coma Puck, o seu diámetro sería aproximadamente de 24 km. Pero se é o seu albedo é parecido á súa veciña lúa Miranda, entón podería ser máis pequena que Cupido e comparable en tamaño ós satélites exteriores máis pequenos.[1]
A órbita de Mab está fortemente perturbada. A fonte desta perturbación aínda é confusa, pero presumiblemente proceda dunha ou de varias das lúas da súa veciñanza.[1] Mab orbita a mesma distancia de Urano có recentemente descuberto anel de po R/2003 U 1. A lúa está preto de te-lo tamaño óptimo para a produción de po, se fose máis grande podería atrapa-lo po e se fose máis pequena, non tería suficiente superficie para produci-lo po necesario para mante-lo anel, xa fose mediante partículas ou colisións de pequenos meteoritos.[5] Non se atoparon aneis asociados con Perdita e Cupido, probablemente por que Belinda limita o tempo de vida do po que estas dúas lúas xeran.[1]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads