Mac OS X Panther
sistema operativo From Wikipedia, the free encyclopedia
Mac OS X Panther (versión 10.3) é a cuarta versión de macOS, o sistema operativo e servidor de Apple Inc. Seguiu a Mac OS X Jaguar e precedeu a Mac OS X Tiger. Foi lanzado o 24 de outubro de 2003, cun prezo de venda de 129 USD para un só usuario e de 199 USD para unha licenza familiar de cinco usuarios.[1]
Mac OS X Panther | |
---|---|
Nome curto | Panther e Panther |
Tipo | sistema operativo, macOS e Unix-like |
Epónimo | Puma |
Parte da serie | macOS |
Baseado en | Darwin |
Versións
| |
Características | |
Plataforma | PowerPC |
Biblioteca de IU | Aqua (pt) |
Datas | |
Publicación | 24 de outubro de 2003 |
Persoas e organizacións | |
Desenvolvedor | Apple |
Cronoloxía | |
Contacto | |
Páxina WEB | apple.com… |
[ Wikidata ] |
Características
Ademais de ter un rendemento moito maior, incorporou a maior actualización no interface de usuario, e tantas ou máis melloras que Jaguar o ano anterior. Por outra banda, nesta versión deixaron de soportarse algúns modelos antigos G3.
As novas melloras de Panther inclúen:
- Finder actualizado, que incorpora unha interface metálica e procura rápida.
- Exposé: unha nova forma de manipular fiestras.
- Cambio Rápido de Usuarios: que permite ter sesións con diferentes usuarios abertas ao mesmo tempo e pasar dunha a outra rapidamente.
- iChat AV que engade soporte para videoconferencia a iChat.
- Renderización mellorada de PDF.
- Soporte integrado de fax.
- Interoperatibilidade con Microsoft Windows moito maior.
- FileVault: Sistema de cifrado en tempo real do directorio privado de cada usuario.
- Incremento de velocidade en todo o sistema cun maior soporte para os G5.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.