Macroprotodon brevis

From Wikipedia, the free encyclopedia

Macroprotodon brevis
Remove ads

Macroprotodon brevis é unha especie de cobra da familia Colubridae.[2]

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Descrición

É un ofidio de cabeza relativamente curta, deprimida, e fociño especialmente curto, co ollo relativamente pequeno e pupila arredondada. É de corpo longo e cilíndrico coa cola relativamente curta cunha lonxitude total entre 148-598 mm. Ten coloración maiormente cincenta, cunha banda escura na cabeza en forma de uve e un colar nucal escuro, ten cinco liñas lonxitudinais de pequenas manchas escuras e o ventre de fondo branquecho ou de tons grises con manchas escuras con deseño axadrezado. A mancha en uve e o colar nucal son os mellores caracteres para o seu recoñecemento entre o resto dos colúbridos ibéricos.

Remove ads

Distribución

É a especie que ten unha distribución máis occidental dentro do xénero Macroprotodon. No norte do Mediterráneo ocupa a metade meridional da Península Ibérica e no sur, o oeste de Marrocos.

Na Península, polo oeste, o seu límite norte sitúase en Portugal no río Tua tributario do Douro, a través deste río penetra en territorio español, no Parque natural de Arribes del Duero, provincia de Zamora (poboación actualmente illada). Foi detectada escasamente nos límites de Galicia, polo que aparece na Lista de réptiles de Galicia. Está ausente na maioría de Castela e León, porque só ocupa o extremo sur de Salamanca, non pasando cara ao norte do Sistema Central. Amplamente distribuída por Estremadura e o sur de Castela-A Mancha na cunca do río Guadiana, e en Serra Morena. Na metade sur de Portugal, e en Andalucía occidental, é abundante rarificándose progresivamente cara ao leste.

En xeral habita no cuadrante máis cálido e húmido da Península Ibérica, o suroccidental, e na metade sur ibérica está ausente das zonas con maior continentalidade.

Remove ads

Hábitat

Bioclimaticamente ocupa os pisos termo e mesomediterráneo, aínda que no sueste ibérico tamén o supramediterráneo, require solos relativamente brandos, ben estruturados, onde a súa actividade escavadora se vexa favorecida e con abundantes refuxios, normalmente pedras. Por esta razón adoitan atoparse preto de regatos ou puntos de auga, en claros de bosque ou zonas de devesas, en xeral en hábitat protexidos da estiaxe.

Esta cobra dificilmente se localiza no exterior, xa que agarda pola chegada da súas presas baixo as pedras que ocupa. Aliméntase exclusivamente de réptiles: Blanus cinereus representa o 50% das presas, ademais de Psammodromus algirus (na súa definición ampla tradicional) e P. hispanicus e Chalcides bedriagai, en xeral prefire presas de corpo alongado, minadoras ou sublapidícolas (viven baixo pedras).

Depredación

Entre os réptiles, é depredada por Malpolon monspessulanus, entre as aves por Milvus milvus, e entre os mamíferos por Herpestes ichneumon. Pode ser caníbal.

Ameazas

Clasificada como "Case ameazada" (NT, baixo risco)[1] polo seu probable declive debido á ampla perda de hábitat en gran parte da súa área de distribución, debido á agricultura intensiva e a persecución polo ser humano. A recente proliferación do xabaril Sus scrofa, tamén lle afecta negativamente, ao ter unha frecuencia de reprodución bienal e un tamaño de posta reducida.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads