Mahathir bin Mohamad
político malaisiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Tun Dr. Mahathir bin Mohamad, nado en Alor Setar o 10 de xullo de 1925[1] é un médico e político malaisiano, cuarto e sétimo primeiro ministro de Malaisia e deputado electo do Parlamento de Malaisia pola circunscrición de Langkawi en Kedah.[2] A súa carreira política esténdese por máis de setenta anos dende que se uniu á acabada de formar Organización Nacional dos Malaios Unidos (UMNO) en 1946,[3] antes de formar o seu propio partido, o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM) en 2016.[4]

Remove ads
Remove ads
Traxectoria
Nado e criado en Alor Setar, Kedah, Mahathir sobresaíu na escola e converteuse en médico.[5] Afiliouse á UMNO antes de entrar no parlamento en 1964. Serviu como deputado antes de perder o seu escano e posteriormente inimizouse co primeiro ministro Tunku Abdul Rahman e foi expulsado do partido.[6] Cando Abdul Rahman renunciu ao ser substituído por Abdul Razak Hussein en 1970, Mahathir volveu a incorporarse á UMNO e ao Parlamento, e foi ascendido ao Gabinete. En 1976 converteuse en viceprimeiro ministro e en 1981 xurou o cargo de primeiro ministro.[7]
Durante o seu mandato como primeiro ministro, Malaisia experimentou un período de rápida modernización e crecemento económico, e o seu goberno iniciou unha serie de audaces proxectos de infraestruturas. Mahathir foi unha figura política dominante, baixo o seu liderado, a coalición Barisan Nasional gañou cinco eleccións federais consecutivas e defendeu con éxito o dominio da UMNO antes rivais destacados. Como primeiro ministro, foi un defensor do desenvolvemento do terceiro mundo e un prominente activista internacional.[5]
Mahathir renunciou o 31 de outubro de 2003, sendo o xefe de goberno malaisio con máis anos no cargo.[8] Non obstante, mantívose como unha figura política activa logo do seu retiro. O seu fillo Mukhriz Mahathir foi Menteri Besar (gobernador) do estado de Kedah entre 2013 e 2016.[9] Co paso do tempo, Mahathir converteuse nun crítico estridente do seu sucesor escollido persoalmente, Abdullah Ahmad Badawi, en 2006,[10] e máis tarde Najib Razak en 2015.[11] Tan só dous anos despois da súa renuncia, o Barisan Nasional comezou a experimentar fortes debacles electorais que levaron á perda da maioría de dous terzos en 2008 e a unha derrota por voto popular en 2013 ante a coalición Pakatan Rakyat, dirixida por Anwar Ibrahim, conservando o goberno unicamente grazas ao gerrymandering. Como rexeitamento ás accións da UMNO ao continuar a apoiar ao goberno de Najib a pesar do escándalo que rodeaba a organización 1Malaysia Development Berhad, Mahathir abandonou o partido o 29 de xaneiro de 2016,[12][13][14] sendo seguido por un enorme continxente de políticos oficialistas, entre os que destacaban o seu fillo Mukhriz e o antigo viceprimeiro ministro Muhyiddin Yassin.[15]
O 9 de setembro do mesmo ano anunciou a súa volta á primeira plana política e fundou o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM), aprobado ese mesmo día polo Rexistro de Sociedades (RoS).[16] O partido uniuse á coalición opositora Pakatan Harapan (PH) que estaba liderada polo seu antigo aliado que Anwar Ibrahim.[17] Estando este novamente encarcerado dende 2015, Mahathir foi elixido o 8 de xaneiro de 2018 como candidato a primeiro ministro da coalición nas eleccións federais de 2018 en substitución de Anwar,[18] coa promesa de procurar a súa liberación e entregarlle o cargo nun ou en dous anos.[19] A campaña electoral foi dura e caracterizouse por unha serie de insultos persoais entre Najib e Mahathir,[20] que culminou cunha sorprendente e histórica derrota do primeiro ministro e unha maioría absoluta do Pakatan Harapan.[21][22] Mahathir asumiu o cargo o día seguinte, 10 de maio de 2018.[23] Con case 93 anos no momento do seu xuramento converteuse no político de máis idade en ocupar o cargo de primeiro ministro,[24] o primeiro en Malaisia que ocupa o cargo en dúas ocasións non consecutivas e o primeiro goberno alleo á UMNO na historia do país.[25] En 24 de febreiro de 2020 anunciou a súa dimisión[26] e o 1 de marzo deixou o cargo sendo substituído por Muhyiddin Yassin.[27]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads