Mamasunción

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Mamasunción é unha curtametraxe de Chano Piñeiro, rodada en 1984 en 35 mm. Acadou o Gran Premio do Cine Español no 2º Certame Nacional de Cinema de Bilbao, e o Trofeo de Prata do Instituto de Cooperación Iberoamericana no XXVI Certame Internacional de Cinema de Bilbao (1984).

Datos rápidos Autoría, Publicación ...
Remove ads

Sinopse

Thumb
Escultura-banco homenaxe a Chano Piñeiro, elaborada pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. Praza do Concello de Forcarei, xullo de 2021.

A obra conta a historia de Mamasunción, unha anciá que vive nunha remota aldea. Cada día, durante corenta anos, acode á oficina de correos en espera dunha carta do seu fillo emigrado.

Por fin, un día o carteiro entrégalle a Mamasunción a carta longamente agardada. Primeiro lella unha veciña, e dille que o fillo está ben e que axiña escribirá de novo. Porén, Asunción desconfía e dálla a ler ao borracho da aldea. El comunícalle que o seu fillo morreu e que lle deixou unha cuantiosa herdanza.

O alcalde do concello chega á aldea nun coche, o cal se converte nun grande acontecemento. Dálle a Asunción unha parte da herdanza, un maletín cheo de dólares, e informa á veciñanza que o finado deixou tamén cartos para obras sociais.

Os veciños e veciñas van tras Asunción, que lles dá coa porta nos fociños. Eles petan para que abra a porta, pero ela queima co diñeiro.

Remove ads

Historia

A curtametraxe rodouse despois de que Piñeiro fundase a súa produtora cinematográfica, Piñeiro SA (máis tarde coñecida como Bubela SL). A rodaxe tivo lugar nas aldeas de Baíste e Rubillón, no concello de Avión.

O filme estreouse o 28 de decembro de 1984 en Vigo, e conseguiu atraer a atención de diversos festivais internacionais. Tal foi o éxito da curtametraxe que o 24 de xullo de 1985 a TVG abriu a súa primeira emisión con Mamasunción.

A inspiración para esta curtametraxe procede dunha lembranza infantil de Chano Piñeiro: a anciá María Rosa da Regueira que agardaba día tras día noticias do seu fillo emigrado en México. Toda Mamasunción está impregnada das vivencias de Chano Piñeiro e do seu Forcarei natal. Así, por exemplo, o seu amigo Manuel Barreiro Ouro, carteiro na vida real, e pai de Xosé Luís Barreiro Rivas, que lle alugaba o piso á familia Piñeiro, interpreta na ficción o carteiro.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads