Mini

profesor, cantautor, compositor, musicólogo e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Mini
Remove ads

Xosé Luís Rivas Cruz, alcumado Mini, nado en San Martiño de Pacios (Begonte) o 18 de xuño de 1951, é un profesor, cantautor, compositor, musicólogo e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
"Mini" (esq.) e "Mero" no acto en lembranza de Avelino Pousa Antelo en Teo en 2013.

Impartiu clases nunha escola unitaria no concello de Boimorto, e máis tarde sería profesor no CPI Armando Cotarelo Valledor. Mentres, desenvolveu un amplo labor cultural dentro da música, na que se segue a manter de forma activa.

Formou parte da banda Fuxan os Ventos dende a súa fundación até 1982 para despois, en 1984, xunto co seu compañeiro Baldomero Iglesias Dobarrio "Mero", formar A Quenlla, grupo no que continúa na actualidade. Nese mesmo ano fixo a música para a curtametraxe Mamasunción.

No ano 2007 cedeu, canda o seu compañeiro "Mero", as recollas de cantos, bailes, lendas e refráns recompiladas ao longo da súa traxectoria, ao Museo do Pobo Galego.[1] Todo este repertorio foi dixitalizado e posto a disposición dos interesados no patrimonio oral galego.[2]

Nas eleccións municipais de 2015 presentouse como cabeza de lista do BNG-Asembleas Abertas e foi elixido alcalde de Boimorto co apoio do PSdeG.[3] Dous meses despois Gonzalo Concheiro, candidato do PP, pasa a ser novo alcalde de Boimorto tras prosperar unha moción de censura do PP apoiada por un concelleiro que fora elixido nas listas do PSdeG-PSOE pero que pasara a ser non adscrito no mes de xullo.

Tras as eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado polo BNG para a 10.ª lexislatura, sendo reelixido nas eleccións de 2020.

Remove ads

Vida persoal

É pai da tamén cantante e política Navia Rivas.

Predecesor:
Ana Ledo
 
Alcalde de Boimorto
 
2015
Sucesor:
Gonzalo Concheiro

Obra musical

Destaca como compositor e adaptador de cancións galegas e leva a cabo un intenso labor de recompilación do folclore de Galiza. Así, ten editados trece álbums e ten arranxado as músicas para os seguintes vídeos:

  • Historia da lingua
  • Os señores da palabra
  • 70 anos de nacionalismo
  • Memoria de rosas
  • Longa noite de pedra
  • A carón dá escola
  • Cantares de cego I
  • Contos de lanuxes pra nenos
  • Somos lenda viva

Obra escrita

Ensaio

  • Boimorto: memoria dun silencio, 2007, Concello de Boimorto.

Obras colectivas

  • Contos de vellos para nenos, con Mero, 1995.
  • Somos lenda viva, con Mero, 1996, Citania de Publicacións.

Premios

En 2009, foi premiado xunto a Mero co Pedrón de Ouro pola divulgación da cultura oral de Galiza.[4] En 2012 recibiron o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads