Batalla de Benevento (1266)
batalla entre franceses e sicilianos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A batalla de Benevento librada o 26 de febreiro de 1266 en Benevento (Italia), enfrontou aos sicilianos de Manfredo de Sicilia aos franceses de Carlos de Anjou, que saíron vitoriosos.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Batalla de Benevento.
Remove ads
Antecedentes
Carlos de Anjou foi reclamado polo papa Clemente IV para loitar contra os Hohenstaufen, dinastía reinante en Sicilia. Despois de conquistar o mosteiro de Monte Casino, a coalición dos anxevinos dirixiuse cara a Benevento, onde Manfredo, rexente do seu sobriño Conradino, reunira as súas tropas.
A batalla
As forzas anxevinas contaban con 25 000 homes dos que 6 000 eran cabaleiros e sarxentos da cabalo, 600 pares da cabalo, e aínda unha infantaría de provenzais, auverñeses, champañóns, gascóns, bretóns, valóns e continxentes de milicias italianas. Manfredo reunira unha tropa de polo menos 5 000 ou 6 000 mercenarios árabes, de 3 000 a 4 000 cabaleiros árabes e bérberes, 1 000 cabaleiros alemáns e uns 1 000 mercenarios toscanos e longobardos.


Pola mañá, os anxevinos puxéronse en formación na chaira da outra beira do Calore, río que bordea a cidade de Benevento. Manfredo aceptou o combate pero a saída das súas tropas foi ralentizada pola xente alborotada na cidade.
De feito, cando a súa primeira liña musulmá entrou en combate, as súas tropas alemás non cruzaran o Calore e eles mesmos aínda estaban dentro da cidade. Nun primeiro momento, os musulmáns superaron a primeira liña anxevina, composta pola infantaría, que non tardaron en caer. Os musulmáns precipitáronse a masacralos.
Nese momento a tropa dos provenzais, comandada polo mariscal de Mirepoix e Filipe de Montfort, cargou contra os musulmáns e vencéronos. Mentres tanto, os alemáns de Manfredo, no medio da batalla, contraatacaron aos provenzais adoptando unha formación de ángulo. Manfredo aínda non pasara a ponte sobre o Calore.
Carlos de Anjou ordenou asaltar á súa tropa, derrotando o flanco dos alemáns. Ante a derrota dos seus derradeiros homes, as forzas sicilianas de Manfredo repréganse tras a ponte.
E como os anxevinos non se moveron da súa posición, el non puido xuntar máis que unhas poucas centenas de homes máis ou menos ilesos. Manfredo foi masacrado alí mesmo. Esta batalla puxo o Reino de Sicilia baixo poder anxevino.
Porén, en 1268, Carlos de Anjou debería enfrontarse a Conradino na batalla de Tagliacozzo (23 de agosto de 1268), ao que derrotou e fixo decapitar.[1]
Pero 15 anos despois, perdido o apoio do papa, sería expulsado de Sicilia nas Vésperas sicilianas.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads