Manor Motorsport

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Manor Motorsport é un equipo británico de automobilismo fundado en 1990 polo ex campión de monoprazas John Booth. [Cómpre referencia]

Máis información Nome completo, Bandeira coa que compite ...

Ao longo da súa historia, o equipo competiu principalmente na Fórmula Renault, con coñecidos pilotos, incluíndo ao Campión do Mundo de 2007 de Fórmula Un Kimi Räikkönen, e ao Campión do Mundo de Fórmula Un de 2008 e 2014 Lewis Hamilton e outros pilotos de Fórmula Un, como Antônio Pizzonia. [Cómpre referencia] Participaron na Fórmula Tres Euroseries nos seus inicios no 2003, gañando nove carreiras ao final de 2008. [Cómpre referencia]

En 2007, Manor Motorsport cambiou de titularidade cando o director do equipo de Fórmula Renault do Reino Unido, Tony Shaw comprouno a John Booth, aínda que conservou o nome de Manor Motorsport e continuou nas carreiras de Fórmula Tres Euroseries [Cómpre referencia] O equipo de Fórmula Renault Británica operaba baixo o nome de Manor Competition desde unha base completamente independente. [Cómpre referencia]

Remove ads

Fórmula Un

Artigos principais: Virgin Racing e Marussia F1.

O 12 de xuño de 2009 anunciouse que a solicitude de Manor para participar na tempada 2010 de Fórmula Un fora aceptada. [Cómpre referencia]. O seu equipo de F1 chamouse Manor Grand Prix, malia que pasou a chamarse Virgin Racing por razóns de patrocinio antes da primeira carreira da tempada. [Cómpre referencia] O equipo de F1 foi rebautizado como Marussia F1 Team logo de que Marussia Motors comprara unha participación maioritaria no equipo.[Cómpre referencia] John Booth dixo que o equipo de F3 continuaría funcionando, malia que o seu enfoque cambiara ao equipo de F1. Manor Motorsport foi posteriormente rebautizado Marussia Manor Racing. [Cómpre referencia].

Tempada 2015

En 2014 o equipo, xunto con Caterham, entrou en administración concursal.[6] Posteriormente os administradores de Manor Motorsport anunciaron que o equipo sairá do concurso o 19 de febreiro de 2015 e planificará participar na tempada 2015 de Fórmula Un, baixo o nome de Manor F1 Team con John Booth e Graeme Lowdon dirixindo o equipo.[7] Con todo, o 5 de febreiro de 2015, a solicitude do equipo para competir na tempada 2015 utilizando a seu chasis de 2014 foi rexeitada polos outros equipos de Fórmula Un, logo de que Force India votara en contra da proposta.[8] Este informe foi refutado polo equipo ao día seguinte.[9] O 25 de febreiro de 2015, Will Stevens foi confirmado como primeiro piloto de Manor. O 9 de marzo anunciouse que Roberto Merhi será o segundo piloto de Manor. O equipo foi comprado polo empresario Stephen Fitzpatrick, con Justin King como presidente.[10]

Remove ads

Resultados

Fórmula Un

Máis información Ano, Nome ...

F3 Euroseries

Máis información Resultados Formula 3 Euro Series, Ano ...

* Tempada en progreso

D.C. = Posición campionato de pilotos, T.C. = Posción campionato de construtores.

GP3 Series

Máis información Ano, Coche ...

    D.C. = Posición no campionato mundial de pilotos, T.C. = Posición no campionato mundial de construtores.

    Resultados completos na Fórmula Un

    (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

    Máis información Ano, Chasis ...
    Remove ads

    Cronoloxía

    Tipo 1990s 2000s 2010s
    90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 00 01 02 03 04 05 06 07 08 09 10 11 12 13 14 15
    Formulas Fórmula Un
    British Formula Three Championship Formula 3 Euro Series GP3 Series
    British Formula Renault Championship Formula Renault 2.0 NEC
    FR2000 Eurocup EFR 2.0 Eurocup Formula Renault 2.0
    Auto GP Auto GP

    Notas

    Véxase tamén

    Loading related searches...

    Wikiwand - on

    Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

    Remove ads