Roberto Merhi

From Wikipedia, the free encyclopedia

Roberto Merhi
Remove ads

Roberto Merhi Muntan, nado en Benicàssim (provincia de Castelló) o 22 de marzo de 1991, é un piloto español de carreiras de Fórmula Un de Manor Marussia F1 Team. Merhi tamén forma parte do revitalizado Mercedes-Benz Junior Team, xunto con Christian Vietoris e Robert Wickens. O logro máis notable de Merhi ata agora foi gañar o campionato de Fórmula 3 Euroseries de 2011, pilotando un Prema Powerteam.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Merhi competindo na rolda de apertura da 2009 Fórmula 3 Euro Series en Hockenheim.

O seu debut no karting produciuse en 1999, con oito anos de idade. Desde entón, a súa traxectoria no mundo do karting levoulle a conseguir vitorias relevantes, tanto a nivel español, como internacional, entre as que se contan Campionatos de España, as Winter Series ou o prestixioso Trofeo da Industria, celebrado en Italia. A estes, habería que engadir a 2ª posición lograba no Trofeo Andrea Margutti no ano 2005.

Fórmula Renault

En 2007, Merhi competiu principalmente na Fórmula Renault Italiana e na Fórmula Renault 2.0 Eurocop, terminando cuarto e 18º respectivamente. En 2008 competiu na Fórmula Renault 2.0 West European Cup, onde foi subcampión, e terminou cuarto na Eurocup. Tamén fixo cinco carreiras no Campionato Español de Fórmula Tres.[1]

Fórmula Tres

Merhi disputou a tempada completa de Fórmula Tres en 2009, cando asinou por Manor Motorsport para facer a campaña de Fórmula 3 Euro Series, terminando sétimo , con catro podios. Fichou por Mücke Motorsport na tempada 2010., Mellorando a súa tempada de debut terminou quinto na clasificación, con catro podios, incluíndo a súa primeira vitoria en Hockenheim.[2] 2011 viu outro cambio de equipo para Merhi, esta vez para unirse a Prema Powerteam. Posteriormente Merhi gañou o campionato, conseguindo acabar en 20 top-3 , incluíndo 11 vitorias.

DTM

O 3 de abril de 2012, Mercedes anunciou a reactivación do Junior Team de Mercedes-Benz que formou a varios pilotos notables nas súas carreiras de competición como Heinz-Harald Frentzen, Karl Wendlinger e Michael Schumacher. Con ese anuncio chegou a noticia de que Roberto Merhi, xunto co actual campión da Renault 3.5 Series Formula Robert Wickens e o participante na DTM por segundo ano Christian Vietoris, converteríanse en parte do novo Junior Team e que os tres pilotarían para o equipo júnior na tempada 2012 DTM. Ademais diso, o 7 veces Campión do Mundo de F1 Michael Schumacher involucrouse cos tres pilotos, ao servir como mentor. A entrada de Merhi no DTM significaba que ía ser un dos dous pilotos españois na pista, xunto con Miguel Molina.[3]

Merhi non anotou ningún punto en 2012 para Persson Motorsport. Na súa segunda tempada pasou a HWA Team. Logrou un sétimo lugar en Norisring e dúas 10ª posicións. Na última carreira da tempada rexistrou o seu mellor resultado quedando segundo, para finalizar a tempada en 15ª posición na táboa de clasificación.

Fórmula Renault 3.5 Series

Thumb
Merhi durante a carreira 1 da Fórmula Renault 3.5 Series tempada 2014 a Moscow Raceway

Merhi trasladouse a Formula Renault Series 3,5 en 2014 con Zeta Corse.[4]

Fórmula Un

Ata agora Merhi formou parte de dous equipos de Fórmula Un súa carreira, Caterham e Manor Marussia.

Caterham (2014)

Merhi fixo a súa primeira aparición nun coche de Fórmula Un co equipo Caterham durante a práctica no Gran Premio de Italia de 2014.[5] Crese que estaba sendo avaliado para ocupar un posto na carreira en lugar de Kamui Kobayashi, pero aínda tiña que cualificar para ter unha Súper Licenza FIA.[6]

Manor (2015)

O 9 de marzo de 2015, o equipo Manor Marussia de F1 anunciou que Merhi pilotaría no Gran Premio de Australia de 2015, xunto ao británico Will Stevens.[7]

Remove ads

Andaina

Traxectoria profesional

Máis información Tempada, Series ...

Resultados completos na Fórmula 3 Euro Series

(key)

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados completos na GP3 Series

(key) (As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida)

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados completos na DTM

(key) (As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida)

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados completos na Formula Renault 3.5 Series

(key) (As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida)

Máis información Ano, Equipo ...

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads