Manzaneda
concello da comarca de Terra de Trives, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Manzaneda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 890 habitantes (435 homes e 455 mulleres) (1.150 en 2004).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manzaneda.
Remove ads
Toponimia
Manzaneda é un dos poucos topónimos castelanizados en Galicia aceptado coma forma oficial. Gonzalo Navaza, investigador especializado na onomástica galega, considerou que a forma Manzaneda apareceu a partir do século XVIII. O nome tradicional é Maceda, e proponse Maceda de Trives como topónimo oficial ao haber xa outro municipio ourensán homónimo, pola alta abundancia de maceiras na zona[1].
Xeografía
Situado na parte nororiental da provincia, limita ao norte co concello da Pobra de Trives, ao leste co concello do Bolo, ao sur co concello de Vilariño de Conso e ao oeste co concello de Chandrexa de Queixa. A súa capital, Manzaneda, destaca polo seu conxunto histórico medieval, do que se conservan importantes vestixios.
Poboación
Con trazos da Galicia de montaña, con escasa poboación nova e unha ampla capa de maiores de 65 anos, en 2022 o concello de Manzaneda aglutinaba 838 habitantes.
Evolución da poboación de Manzaneda Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.283 | 3.437 | 2.973 | 1.954 | 1.150 | 994 | 1.006 | 1.001 | 971 | 973 | 975 | 947 | 906 | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |

Turismo
Enclavado no Macizo Central ourensán, o concello de Manzaneda conta con diversos recursos de alto valor paisaxístico e natural. Comparte a estación de esquí de Manzaneda co concello da Pobra de Trives. No Souto de Rozavales está o castiñeiro de Pumbariños, de máis de 1000 anos de idade e 13,85 metros de perímetro. Está incluído no catálogo de árbores senlleiras.
A igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira é coñecida como a catedral das terras de Manzaneda, ou a catedral da montaña, pola súa gran maxestade. Así mesmo, a capital do concello destaca por ser unha vila medieval, da que se conservan numerosos vestixios do seu glorioso pasado.
O abano turístico complétase con rutas de sendeirismo, coñecidas popularmente como a ruta do Val Glaciar de Prada e a ruta dos Soutos de Cesurís. A primeira percorre a plataforma de abrasión dun glaciar que erosionou o val que percorre a ruta hai máis de 10.000 anos. Chega ata o núcleo abandonado de Prada, situado nunha paisaxe de gran beleza. A segunda ruta percorre os amplos soutos da parroquia de Cesuris.
Remove ads
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Manzaneda.
- Neve no bosque
- Castiñeiro de Pumbariños situado no Souto de Rozavales
Parroquias
Lugares de Manzaneda
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Manzaneda vexa: Lugares de Manzaneda.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads