María Ramallo
política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
María Pilar Ramallo Vázquez, nada o 12 de agosto de 1970 en Marín, é unha política galega do PPdeG, dende maio de 2011 alcaldesa de Marín. Foi deputada no Congreso dos Deputados en dúas lexislaturas.
Remove ads
Traxectoria
Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, ingresou no Partido Popular, formación coa que optou como concelleira ás eleccións locais de 1995 polo concello de Marín. Foi elixida concelleira e designada para a área de Facenda. En 1999 repite como concelleira, pero nesta ocasión na oposición, polo que pasa a trabllar na Delegación do Goberno en Galicia primeiro, e logo na Xunta de Galicia como asesora xurídica, sempre contratada por administracións do Partido Popular.

Nas eleccións locais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Marín e logrou a segunda posición tralo PSdeG, polo que continuou na oposición. En 2007 concorre novamente como candidata á alcaldía de Marín sendo nesta ocasión a forza máis votada, pero moi lonxe da maioría absoluta polo que non logrou a alcaldía dado que PSdeG e BNG alcanzaron un pacto de goberno. En 2008 concorreu nas listas do PP ás eleccións xerais para o Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra sen resultar inicialmente elixida, accedendo ó posto de deputada trala renuncia de Javier Guerra en abril de 2009. Entón, o novo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo nomeouna presidenta da Autoridade Portuaria de Marín.
Nas municipais de 2011 presentouse novamente como cabeza de lista do Partido Popular ás eleccións municipais en Marín, onde obtivo a maioría absoluta dos concelleiros (12 de 21), bordeando a metade dos votos emitidos (49,8%) e conseguindo uns resultados históricos para o PP nese concello, onde nunca se había conseguido unha maioría absoluta.[1] Desta forma, foi elixida alcaldesa de Marín e renunciou ao seu posto de deputada. En 2015 foi reelixida alcaldesa ó lograr 11 concelleiros e un 48,5% dos votos. En 2019 rompería o seu teito e conseguiría unha histórica maioría de 15 concelleiros cun 55,55% dos votos.
Nas Eleccións xerais de España de novembro de 2019, foi de cabeza de lista do PP pola Provincia de Pontevedra, obtendo, de novo, un escano no Congreso dos Deputados. A principios de 2021 renunciou á súa acta para, segundo ela, centrarse no concello de Marín.[2] Foi substituída por Juan Constenla Carbón. Nas municipais de 2023 encabezou novamente a candidatura do PPdeG en Marín e foi novamente reelixida alcaldesa logrando a maioría absoluta[3] con 12 concelleiros e un 55,28% dos votos.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads