Marcel Hoc

numismático belga (1890-1972) From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Marcel Hoc, nado en Jambes, Namur, o 4 de xuño de 1890 e finado en Bruxelas o 10 de decembro de 1972, foi un numismático e catedrático universitario belga.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...

Entre outras entidades, presidiu a Sociedade Real de Numismática de Bélxica e foi conservador do Gabinete de Medallas e da Biblioteca Real de Bélxica.

Remove ads

Traxectoria

Primeiros anos e formación

Marcel Hoc naceu en xuño de 1890 no antigo municipio de Jambes,[1] logo integrado no de Namur, na provincia homónima valoa, e foi bautizado cos nomes de Marcel René Benoît Ghislain.[2][3]

Logo de recibir a educación primaria nunha escola local, cursou o ensino secundario en Humanidades cos Xesuítas no Collège de Notre Dame de la Paix de Namur, e alí iniciou tamén os seus estudos superiores, xa que esa institución foi o antecedente da Universidade de Namur. Posteriormente proseguiu a súa formación en Filoloxía Clásica na Universidade Católica de Lovaina, onde acadou o seu doutoramento en Filosofía e Letras en 1919, tras a interrupción provocada pola primeira guerra mundial, cunha tese titulada Étude sur Jean-Gaspard Geoaeris, philologue et poète (1593-1666) ("Estudo sobre Jean-Gaspard Geoaeris, filólogo e poeta1593-1666—"),[1] que publicaría en 1922.[2][3]

En 1920 comezou a publicar os seus primeiros artigos sobre biblioteconomía, o que lle reportou certo recoñecemento nese ámbito en Lovaina, en Namur e mesmo en Bruxelas.[2]

Traxectoria profsional e académica

Hoc comezou a súa actividade laboral como profesor de ensino secundario no Athénée Royal de Verviers, na materia de Humanidades, mais ao pouco tempo, en 1923, ingresou co posto de bibliotecario no Gabinete de Medallas da Biblioteca Real de Bélxica, da man do seu daquela conservador xefe, Victor Tourneur.[2][3] A primeira aproximación de Hoc á numismática producírase durante a redacción da súa tese de doutoramento, xa que Jean-Gaspard Geoaeris fora tamén un eminente numismático.[4]

Marcel Hoc estivo ás ordes de Tourneur no Gabinete de Moedas ata que en 1936 foi nomeado conservador xefe desa institución. Ocupou o posto durante case dúas décadas, ata o seu nomeamento como conservador honorario en 1955. Entre 1953 e 1955 chegou mesmo a exercer como conservador xefe da Biblioteca Real de Bélxica.[1][3][5]

Paralelamente ao seu labor no Gabinete de Medallas, Hoc ocupou a cátedra de Economía Política e Historia das Doutrinas Económicas no Instituto Superior de Comercio de Bruxelas, entre os anos 1925 e 1960.[3] A partir de 1928 foi tamén o primeiro titular dunha cátedra de Numismática en Bélxica, na Universidade de Lovaina,[6] que en 1934 cambiou a súa denominación a Historia Económica, Numismática e Historia da Moeda. Hoc ocupou esta cátedra ata 1960, ano en que pasou á condición de profesor extraordinario honorario.[1][5]

Outra institución na que Hoc impartiu docencia foi o Instituto Superior de Historia da Arte e Arqueoloxía, con sede nos Museos Reais de Belas Artes en Bruxelas, onde foi profesor de Historia da Moeda e a Medalla desde 1946 ata o seu falecemento.[1][3][7]

Na súa relación coas sociedades eruditas cómpre salientar a súa vinculación coa Sociedade Real de Numismática de Bélxica, na que ingresou como membro correspondente en 1923 e pasou a ser membro de número en 1927. Nesta entidade ocupou diversos cargos directivos, como o de secretario (1927-1949), e finalmente exerceu a súa presidencia en dous períodos, de 1949 a 1955 e novamente de 1967 a 1970. Entre ambos os períodos (1955-1967) exerceu como presidente honorario.[1][3][7]

Houbo tamén outras entidades que recoñeceron a Marcel Hoc co seu nomeamento como membro honorario; este é o caso da Sociedade Francesa de Numismática, a American Numismatic Society, a Sociedade Numismática do Norte de Francia, o Círculo Filatélico e Numismático de Barcelona e a Comisión Internacional de Numismática. Igualmente, Hoc é membro da Academia Real de Arqueoloxía de Bélxica, na que ingresou como membro correspondente en 1926 e pasou a membro de número en 1935.[7]

No ámbito editorial, é salientable a vinculación de Hoc con dúas publicacións, das que chegou a ser codirector: dunha parte Bibliotheca Belgicabibliografía xeral dos Países Baixos nos séculos do Humanismo—, coa que colaborou entre 1949 a 1961,[8] e a Revue belge de Numismatique el de Sigillographie, á que centrou a súa dedicación de 1927 a 1963 e de 1967 a 1970.[9]

Marcel Hoc finou en Bruxelas o 10 de decembro de 1972 aos 82 anos.[1]

Remove ads

Legado

A tradición de estudos numismáticos iniciada por Marcel Hoc na Universidade Católica de Lovaina viuse nutrida en 1984 co legado deixado á universidade pola súa irmá, Marguerite Hoc. Na honra do insigne numismático e profesor, a Universidade Católica de Lovaina creou o 17 de febreiro de 1984 o Seminario de Numismática Marcel Hoc,[3] sostido por unha asociación sen ánimo de lucro, a Association Marcel Hoc pour l'encouragement de la recherche en numismatique,[10] que leva financiada a publicación de varias decenas de monografías no ámbito da numismática.[11]

Remove ads

Recoñecementos

Ao longo da súa traxectoria, Marcel Hoc viuse recoñecido coas seguintes honras:

Publicacións

Esta é unha escolma das máis de 300 referencias bibliográficas de Marcel Hoc:[13]

Monografías

Escolma de artigos

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads