Marcia Cross
actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Marcia Anne Cross, nada o 25 de marzo de 1962 en Marlborough, é unha actriz norteamericana de televisión, coñecida polo papel de Kimberly Shaw en Melrose Place (1992–97) e Bree Van de Kamp en Desperate Housewives (2004–12).

Remove ads
Traxectoria
Marcia é unha das tres fillas da parella formada por Janet, mestra, e Mark Cross, adestrador persoal.[1] Cursou os seus estudos no Instituto de Marlborough High School. Tras rematar en 1980, pasou á escola de artes escénicas Juilliard,[2] diplomándose en actuación en 1984.[3] Nese mesmo ano comezou a actuar na televisión, no serial diúrno The Edge of Night, interpretando o personaxe de Liz Correll. Pouco despois mudou a súa residencia de Nova York aos Ánxeles e principou a actuar en filmes para televisión, como The Last Days of Frank and Jesse James, xunto a Johnny Cash e Kris Kristofferson. En 1986 uniuse ao elenco do serial One Life to Live, no papel de Kate Sanders que interpretou ata 1987. E logo comezou a facer papeis de actriz convidada en series de horario de máxima audiencia como Who's the Boss?, Quantum Leap, Knots Landing e Cheers e en 1992 a elixírona para interpretar a Kimberly Shaw no serial de hora emitido en horario de máxima audiencia Melrose Place, inicialmente ía participar nun único episodio pero impresionou de tal xeito aos produtores que se fixo un personaxe fixo, permanecendo ata a quinta tempada. Apareceu tamén en episodios de comedias como Seinfeld, Boy Meets World, Ally McBeal, Spin City e King of Queens, en papeis dramáticos en CSI, Strong Medicine, Profiler e Touched by an Angel.[4]
Tamén actuou nalgúns filmes independentes: Bad Influence (1990), Always Say Goodbye (1996), Just Peck (2009) e Bringing Up Bobby (2011). En 2003 Cross traballou nunha tempada na serie Everwood,[4] e ao ano seguinte interpretou a Bree Van de Kamp en Desperate Housewives, que se converteu nun grande éxito na tempada 2004–05 e que lle valeu a Cross was a candidatura para varios premios polos seu traballo, entre eles un Emmy, tres Globos de Ouro e cinco do Sindicato de actores. Tamén logrou un Premio Satellite pola súa actuación na segunda tempada. A serie durou oito tempadas, concluíndo en 2012. En 2014 protagonizou un episodio piloto dunha nova comedia Fatrick, que non tivo éxito.[5]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads