Marraxo
especie de peixe From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O marraxo[1] ou marraxo sardiñeiro[2] (Lamna nasus) é unha especie de condrictio elasmobranquio da orde dos lamniformes (Lamniformeds) e familia dos lámnidos (Lamnidae)[3] que vive en augas temperadas e frías de ambos os hemisferios.




Remove ads
Características
As principais características do marraxo, que o distinguen de especies semellantes, como o marraxo azul (Isurus oxyrhichus) son as seguintes:[4]
- Corpo fusiforme, moi robusto, especialmente no medio, de até 3 m de lonxitude ou algo máis.
- Fociño moderadamente cónico, rematado en punta e de lonxitude media.
- Boca grande e parabólica, con diastemas detrás do terceiro dente superior e na unión das hemimandíbulas dereita e esquerda, tanto superiores como inferiores.
- Dentes medianos, coa cúspide moderadamente ancha, recta e de bordos lisos; na base e a cada lado da cúspide principal hai unha pequena cúspide (característica das dúas especies do xénero Lamna; o terceiro dente superior é diminuto.
- Ollos arredondados, negros e grandes.
- Fendeduras branquiais (5 pares) grandes e altas.
- Primeira aleta dorsal grande, co extremo superior arredondado e coa marxe posterior apuntada, que ten a súa orixe xusto por riba da axila das aletas escapulares. Este saínte é abrancazado (característica da especie).
- Segunda aleta dorsal e aleta anal enfrontadas, ambas as dúas diminutas e pivotantes.
- Aletas pectorais relativamente curtas, co extremo arredondado.
- Aleta caudal en forma de media lúa crecente (característica dos tiburóns da familia dos lámnidos, co lóbulo superior lixeiramente máis grande que o inferior.
- Pedúnculo caudal moi groso e deprimido, ensanchado por quillas laterais; debaixo destas, na base do lóbulo inferior da caudal, hai unha pequena quilla secundaria a cada lado (característica das dúas especies do xénero Lamna).
- Coloración gris azulada no dorso e nos flancos; o ventre é abracazado. Non existe unha liña que delimite claramente a coloración das partes superiores e do ventre, se non que hai un esvaecido.
Remove ads
Historia natural
- Potente nadador, peláxico e epipeláxico, nada só ou en grupos,
- Vive tanto en augas próximas ao litoral como nas oceánicas, separándose os cardumes por sexos e idades, movéndose desde a superficie até os 370 m de profundidade. Prefire as augas frías. En verán acércase moito á costa, chegando a penetrar en praias e portos.
- Madura sexualmente a partir dos 5 anos de idade (2,20 m de lonxitude nos machos e 1,50 m nas femias).
- Ovovivíparo, é caníbal uterino.
- camadas de 1 a 5 crías, que miden ao nacer entre 60 e 72 cm.
- Poden vivir até os 20-30 anos.[5]
- Aliméntase de luras e peixes (xardas, arenques, sardiñas, bacallaus, peixes planos, túnidos etc) e tamén caza a outros tiburóns. Os espécimes de gran tamaño (3 metros ou máis) pénsase que poidan dar caza a presas maiores (atún vermello, peixe espada e, ocasionalmente, toniñas e golfiños).
- Este tiburón está considerado como perigoso para o ser humano debido ao seu tamaño e posíbel agresividade, aínda que non se confirmou ningún dos ataques que se lle atribuíron.
Remove ads
Interese comercial
O marraxo soportou durante décadas unha forte explotación pesqueira debido a que a súa carne é de gran calidade, estando considerada en moitos países como unha delicia culinaria. Debido a esta intensa sobrepesca a poboación do Atlántico norte sufriu un acusado descenso nos últimos anos;[Cómpre referencia] se comparamos a poboación actual da especie coa de hai 40 anos vemos que sufriu un descenso de até o 89 %.[Cómpre referencia] Debido a isto hoxe en día é pouco abundante, e os exemplares capturados son cada vez máis pequenos.[Cómpre referencia]
A poboación de marraxo do norte do océano Atlántico (e en particular a das augas europeas) está en perigo crítico de extinción,[Cómpre referencia] cousa que levan anos advertindo os científicos que vixían as pescarías europeas deste tiburón.[Cómpre referencia]
Comercialmente captúrase con palangre de superficie, en menor número, con artes de arrastre.[Cómpre referencia]
Status de conservación
Debido á sobrepesca, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UINC) cataloga esta especie dentro do grupo VU (vulnerábel).[6]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads