Mars Science Laboratory

From Wikipedia, the free encyclopedia

Mars Science Laboratory
Remove ads

Mars Science Laboratory ou MSL, tamén coñecido polo nome do róver, Curiosity, é unha sonda espacial da NASA lanzada o 26 de novembro de 2011 mediante un foguete Atlas 5 desde Cabo Cañaveral para estudar Marte.[1][2][3]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

MSL é un róver de exploración marcián enviado para estudar a superficie do planeta vermello e determinar se foi habitabla nalgún momento da súa historia. Os seus obxectivos científicos son:[1][2][3]

  • Determinar a natureza e cantidades dos compostos orgánicos na superficie de Marte.
  • Buscar a presenza de moléculas esenciais para a vida.
  • Identificar trazos na superficie que poidan ser o efecto de procesos biolóxicos.
  • Investigar a composición química, isotópica e mineralóxica da superficie marciana e do subsolo inmediato.
  • Interpretar os procesos que formaron e modificaron as rocas e o solo marcianos.
  • Determinar a evolución da atmosfera marciana en langos períodos de tempo, ata fai 4000 millóns de anos.
  • Determinar a situación presente, distribución e ciclos do auga e o dióxido de carbono marcianos.
  • Estudar a contorna de radiación que chega á superficie.

O róver ten seis rodas e mide uns 2,8 m de lonxitude, cunha masa de 750 kg. O corpo principal do vehículo está formado pola caixa que contén a electrónica e os procesadores, chamada WEB (Warm Electronics Box). Sobre ela atópase a cuberta de equipamento, co mastro, as cámaras e outro equipamento científico. O róver tamén conta cun brazo robotizado con instrumentación científica. A velocidade máxima do róver é de 4 cm/s e obtén a súa enerxía dun xerador termoeléctrico de radioisótopos (RTG polas súas siglas en inglés) alimentado por plutonio que producía 125 W de potencia ao inicio da misión.[1][2][3]

Remove ads

Perfil da misión

MSL foi lanzado dentro dun escudor protector acaroado a unha etapa de cruceiro o 26 de novembro de 2011 ás 15:02 UTC mediante un Atlas V na súa versión 541. Chegou a Marte en agosto de 2012, tras 8 meses de travesía espacial. O 6 de agosto a cápsula con Curiosity no seu interior entrou na atmosfera marciana, protexido por un escudo térmico e facendo unha serie de manobras en S para reducir a súa velocidade. Tres minutos antes da aterraxe a cápsula despregou un paracaídas, usando retrofoguetes na etapa final do descenso. O róver tocou solo ás 5:32 UTC do 6 de agosto de 2012 no cráter Gale. Tras varios días de comprobacións, Curiosity púxose en marcha o 22 de agosto para comezar o seu estudo de Marte.[1][2][3]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads