Martina Aneiros Barros

avogada e política galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Martina Aneiros Barros, nada en Ferrol en 1977, é unha avogada e política galega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Estudou o bacharelato no IES Sofía Casanova. É licenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou en despachos de avogados e finalmente montou o seu propio despacho con Julio Barros Casal en 2005.[1] Nas eleccións municipais de 2011 presentouse como candidata número 4 na lista do PPdeG ao concello de Ferrol e foi elixida concelleira. Foi nomeada portavoz do goberno municipal presidido por José Manuel Rey Varela.[2] Nas municipais de 2015 foi a candidata número 3 e volveu ser elixida concelleira. Nas municipais de 2019 foi a candidata número 2 e volveu ser elixida concelleira.[3] Foi deputada provincial. En marzo de 2022 foi nomeada delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024 presentouse no posto 4 da candidatura pola Coruña e foi elixida deputada.[4]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads