Xosé Manuel Rey

político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Xosé Manuel Rey
Remove ads

Xosé Manuel Rey Varela,[1] ou José Manuel Rey Varela,[2] nado en Ferrol o 31 de decembro de 1975, é un avogado e político galego, que foi alcalde de Ferrol entre 2011 e 2015.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Estudou o bacharelato no IES Sofía Casanova de Ferrol, e posteriormente dereito na universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou. En paralelo á súa vida universitaria desenvolveu carreira política, afiliándose ao Partido Popular. Como representante da organización de mocidades neste partido, Novas Xeracións, accede ao posto de tesoureiro do Consello da Xuventude de Galicia.

En 2002 entrou como concelleiro en Ferrol grazas a unha substitución. Ao ano seguinte celebráronse eleccións municipais, e saíu elixido concelleiro polo Partido Popular. O alcalde, o tamén popular Juan Juncal, encargoulle as áreas de Facenda, Patrimonio, Emprego e Mocidade. En 2007 saíu reelixido concelleiro, se ben a súa formación pasou á oposición, e en 2011 converteuse no cabeza de lista dos populares. Nesa posición conseguiu vencer as eleccións, con 14.974 votos (43,74 %) e 13 concelleiros, o que lle deu a maioría absoluta por un concelleiro.

Tamén é presidente do Partido Popular de Ferrol e vicesecretario xeral do Partido Popular de Galicia no equipo de Alberto Núñez Feijóo. En novembro de 2011 foi elixido presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias. En outubro de 2015 foi nomeado Conselleiro de Política Social.[3]

Nas eleccións municipais de 2023 presentouse candidato á alcaldía de Ferrol e conseguiu a maioría absoluta[4] e, pouco despois, tralas eleccións xerais do 23 de xullo de 2023, foi nomeado senador de designación autonómica.[5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads