Mathcore

Subxénero da música metalcore From Wikipedia, the free encyclopedia

Mathcore
Remove ads

O mathcore é un tipo de metalcore ritmicamente complexo e disonante. Xurdiu na primeira metade dos anos 90 de man de bandas como Converge, Coalesce, Botch,[1] The Dillinger Escape Plan,[2] e Candiria. O termo mathcore é suxerido por analoxía co math rock. Tanto o o math rock como o mathcore fan uso de tempos infrecuentes. Grupos de math rock como Slint, Don Caballero, Shellac, Drive Like Jehu e Dazzling Killmen teñen algunha influencia no mathcore, aínda que este estea máis relacionado co metalcore. Importantes bandas de mathcore teñen sido asociadas tamén co grindcore.[3]

Datos rápidos Orixe musical, Orixe cultural ...
Remove ads

Historia

Un primeiro antecedente do mathcore foi practicado por Black Flag en 1984, co álbum My War. Os seus sete minutos de música lúgubre cun estilo próximo á fusión do seu tema "Scream" foron demasiado para moitos seareiros.[4] Moitos grupos da escena mathcore pagaron tribut a Black Flag no álbum tributo Black on Black: A Tribute to Black Flag, publicado no ano 2002.

Nos anos 90, os grupos que no presente se decriben como de mathcore agrupáronse na etiqueta "noisecore". Kevin Stewart-Panko de Terrorizer refírese a bandas como Neurosis, Deadguy, Cave In, Today Is the Day, The Dillinger Escape Plan, Converge, Coalesce, Candiria, Botch e Psyopus.[5] Stewart-Panko describe o son desas bandas como unha "mestura sen regras de hardcore, metal, math rock progresivo, grind e jazz dinámica, violenta, discordante, técnica, brutal e descentrada".

O termo "mathcore" enfatiza a influencia collida do math rock: math rock con hardcore. As primeiras bandas en gravar este híbrido son Rorschach, Starkweather, Botch e Converge. Ao longo dos 90 comezaron a aparecer outros grupos: Cave In dende Massachusetts, Cable dende Connecticut, Coalesce dende Kansas City ou Knut dende Suíza. O termo foi cuñado co lanzamento do álbum de estrea de The Dillinger Escape Plan, Calculating Infinity (1999). The Dillinger Escape Plan adoita a considerarse pioneira do mathcore.

A principios dos 2000 comezaron a aparecer novas bandas de mathcore. Estas raramente eran descritas como tal, pero comunmente relacionábanse cos pioneiros do xénero ou citabanos como influencia. Os primeiros discos de Norma Jean adoitan a ser comparados con Converge e Botch. Outras bandas novas de mathcore que citan a estes pioneiros como influencia ou son comparadas con eles son Car Bomb, The Locust, Daughters, Some Girls, Look What I Did ou The Number Twelve Looks Like You.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads