Matilde Ucelay
arquitecta española From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Matilde Ucelay Maórtua, nada en Madrid en 1912 e finada na mesma cidade o 24 de novembro de 2008, foi unha arquitecta española, gañadora do Premio Nacional de Arquitectura de España en 2004.
Remove ads
Traxectoria
Filla de Enrique Ucelay e de Purificación Maortua. Titulouse en arquitectura no 1936, sendo a primeira muller en España que acadou tal título. Levou a cabo máis de 120 proxectos malia ser depurada en 1940 e condenada en consello de guerra a inhabilitación perpetua para cargos públicos (fora secretaria do Colexio de Arquitectos) e durante 5 anos para o exercicio profesional privado.
Recoñecementos
No 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional Matilde Ucelay, na área de enxeñerías e arquitectura.[1]
Vida persoal
Casou co editor José Ruiz-Castillo Basala, e a súa irmá Margarita foi a primeira muller de Ernesto Guerra da Cal[2].
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads