Mecistops cataphractus

especie de crocodilo africano From Wikipedia, the free encyclopedia

Mecistops cataphractus
Remove ads

O Mecistops cataphractus, xeralmente chamado crocodilo de fociño delgado, é unha especie de crocodilo africano en perigo crítico de extinción. Tradicionalmente era clasificado dentro do xénero Crocodylus, co nome Crocodylus cataphractus, pero recentes estudos de ADN e morfoloxía suxeriron que é mellor clasificalo nun xénero propio, Mecistops.[2][3][4][5]

Máis información Mecistops cataphractus Rango fósil: Paleoceno – Recente, Estado de conservación ...
Remove ads

Descrición

Estes crocodilos son nativos de hábitats de auga doce de África central e occidental. Son crocodilos de tamaño medio, normalmente algo máis pequenos que o crocodilo do Nilo, pero son máis grandes que outras varias especies de crocodilianos. Os adultos son tipicamente duns 2,5 m de longo, pero algúns chegaron a 4,2 m.[6][7] Pesan entre 125 e 325 kg.[8][9] Teñen un fociño delgado que usan para capturar as súas presas.

Remove ads

Comportamento

Thumb
Os crocodilos de fociño delgado teñen unha semellanza superficial co gavial, que tamén ten un fociño delgado, pero pertence a outra familia.

A súa dieta consiste principalmente en peixes, anfibios e crustáceos. Os adultos capturan ocasionalmente mamíferos máis pequenos, serpes acuáticas tartarugas e aves.[1] Esta especie non se encontra normalmente en grupos, excepto durante o comezo da estación reprodutora. As femias constrúen un niño con forma de morea formado principalmente de materia vexetal. Os niños están situados nas ribeiras dos ríos, e a súa construción empeza xeralmente a comezos da estación húmida, aínda que a reprodución é asíncrona incluso entre membros da mesma poboación. Ten unha estación de nidificación similar, pero xeralmente máis curta, que o simpátrico crocodilo anano, o cal pode aniñar máis lonxe dos hábitats de ribeira frecuentados por M. cataphractus.

O crocodilo de fociño delgado pon unha media de 16 ovos (mínimo 13, máximo 27) moi grandes en relación co seu tamaño corporal, aproximadamente unha semana despois de completar a construción do niño. O período de incubación é longo comparado co da maioría das especies de crocodilos, e ás veces dura uns 110 días. A femia permanece preto do niño, pero non o defende co mesmo vigor que outras especies de crocodilos. Unha vez que os ovos empezan a eclosionar, e as crías empezan a emitir os seus característicos píos, ela abre o niño e axuda no proceso da eclosión. As crías despois espállanse a través do bosque inundado. Aínda que hai perdas de crías por causa dos depredadores (por exemplo, polas tartarugas Trionychidae), estas aparentemente son mínimas, o que posiblemente explica o pequeno número de ovos relativamente grandes que pon a femia e o longo período de incubación. As crías teñen tamén dentes moi agudos para a súa protección. É unha das catro especies de crocodilos africanos; as outras son o crocodilo do Nilo, o crocodilo do deserto e o crocodilo anano.

Remove ads

Status

Esta especie coñécese relativamente pouco, xa que se fixeron poucos estudos das poboacións silvestres. En consecuencia, inicialmente foi clasificada como con datos deficientes pola IUCN en 1996. Despois dunha revisión de 2014, cambiouse a clasificación a en perigo crítico.[1] Parece que foi completamente extinguida en varios países onde antes estaba presente e está declinando nos demais.[1] As ameazas que sofre son a caza (pola pel e carne), perda de hábitats, exceso de pesca (xa que se alimenta principalmente de peixes) e molestias xerais (é moi tímido). Hai unha considerable incerteza sobre o tamaño das súas poboacións silvestres, pero estímase que está entre 1 000 e 20 000 exemplares.[1] Esta especie téñena e críana en varios zoos de Europa e Norteamérica, e en Costa do Marfil están considerando comezar un programa de crianza en catividade.[1]

Taxonomía

As probas xenéticas e morfolóxicas recentes indican que o crocodilo de fociño delgado comprende, en realidade, dúas especies separadas, unha formada pola poboación de África central (Mecistops cataphractus) e a outra polas poboacións de África occidental (aínda non nomeada). A proposta especie do oeste, sería unha das especies de crocodilianos máis ameazadas, e os científicos estimaron que as dúas poboacións se separaron hai de 6,5 a 7,5 millóns de anos.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads