Merín, Vedra
parroquia civil do concello de Vedra From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Cristovo de Merín é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Vedra na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 115 habitantes (53 mulleres e 62 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 163 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Merín.
Remove ads
Patrimonio
En 1932 os irmáns José e Mariano Lema Lobato abriron un serradoiro no lugar de Chan de Cartas. O seu pai, Mariano Lema Alvela, fundara xa un en Santa Cruz de Ribadulla a finais do século XIX. A industria pasou a mans de Mariano Lema Valdés, fillo de Mariano Lema Lobato, quen foi concelleiro en Vedra até ser destituído en 1936.[2]
Festividades
San Pedro mártir
Celébrase o domingo despois do 29 de abril, e aínda que na actualidade decaeu a asistencia, foi unha das romarías máis importantes da comarca de Santiago.
San Cristovo
Celébrase o día 10 de xullo e a fin de semana seguinte a esa data. Destaca a recuperación dende hai uns anos da romaría que se celebra o domingo, na que o redor dun cento de vehículos (maioritariamente camións, pero tamén coches, motos...) fan un percorrido ó redor de todo o concello de Vedra, encabezando esta a imaxe de San Cristovo encima dun camión. Logo os condutores asisten á misa e xúntanse nun xantar popular.
Remove ads
Galería de imaxes
- Cruceiro en Merín.
- Lavadoiro de Cabanelas.
- Ruínas do serradoiro.
Lugares e parroquias
Lugares de Merín
Lugares da parroquia de Merín no concello de Vedra (A Coruña) | |
---|---|
Cabanelas | Cazorráns | Fraíz | Merín | O Pazo | Recarei | Rosende | San Cristovo |
Parroquias de Vedra
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads