Vedra

concello da comarca de Santiago, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia

Vedramap
Remove ads

Vedra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 5.073 habitantes (2.477 homes e 2.596 mulleres) (5.059 no 2009, 5.052 no 2006, 5.054 no 2005, 5.057 no 2004, 5.037 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vedrense».

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Xeografía

O concello de Vedra limita ao norte cos de Santiago de Compostela e Boqueixón, ao sur e leste co da Estrada (da provincia de Pontevedra, da que o separa o río Ulla), e ao oeste co de Teo.

Está atravesada pola estrada N-525 e a autoestrada AP-53, que unen Compostela e Ourense. A N-525 crúzase coa LC-241, que une Arzúa con Padrón.

Está situado no val do río Ulla, ao que van dar os ríos Pereiro, Tomonde, Buxeiros e San Cristovo. O cumio de maior altitude é Penas Pardas, preto do Pico Sacro, de 449 m de altitude. O clima é temperado, con influencias oceánicas.

Remove ads

Historia

Toponimia

A orixe do nome pode provir do adxectivo vetera[1], que perdeu o seu substantivo. No nome tradicional da parroquia de Vedra, este adxectivo acompañaba o haxiónimo Santa Baia[2] (santa Baia Vedra e non de Vedra), posteriormente no Catastro de Ensenada (1752), xa aparece santa Eulalia Vedra. En Madoz e noutras fontes posteriores á creación do concello de Vedra, o nome da parroquia figura como Vedra (Sta Eulalia de).

Símbolos

O escudo e a bandeira do concello oficializáronse o 23 de setembro de 1996 coa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo primeiro.-Aproba-lo escudo heráldico do concello de Vedra, que quedará organizado do seguinte xeito: De ouro (amarelo), un pao de sinople (verde), cargado de doce vieiras de ouro (amarelo), e flanqueado de dous dragóns de sinople, afrontados e linguados e unllados de gules (vermello). Ó timbre, coroa real pechada.
Artigo segundo.-Aproba-la bandeira do Concello de Vedra, que quedará organizada do seguinte xeito: partida ó centro, de verde ó batente e de amarelo á hasta, cun dragón verde, linguado e unllado de vermello.
Diario Oficial de Galicia nº 186, 23 de setembro de 1996.[3]

Idade Antiga

Hai seis castros localizados no concello: un no lugar do Castro (Illobre), outro entre as parroquias de Merín e San Miguel de Sarandón, outro no lugar do Castro (A Ponte Ulla), en Socastro (San Mamede de Ribadulla), en Marzán de Arriba (Vedra), e o castro de Agronovo ou Coto do Castro, en Santa Cruz de Ribadulla.

Do período da romanización consérvase un miliario da época do emperador Calígula, atopado en 1867 na Gándara (San Fins de Sales) e un anel gravado datado cara ao século III. Por aquí pasaba unha vía militar, e dela consérvase a ponte Busacos, en San Fins de Sales, de dous arcos de medio punto e outro rectangular.

Idade Media

Na igrexa de San Andrés de Trobe, está soterrado o bispo de Coímbra chamado Nastui, falecido o 21 novembro do ano 912[4] quen se refuxiou aquí no século IX[5], fuxindo do islam.[6], pódese ler unha inscrición na que se eloxian as virtudes do prelado ao longo do seu periplo vital e que Fermín Bouza Brey[7] considera:

“por su ornamentación y sus caracteres epigráficos como la que mejor acusa el mozarabismo en Galicia bajo la influencia de lo mozárabe leones”

Idade Moderna

Na Idade Moderna a zona estivo vencellada á Terra de Santiago. Á nova nobreza desa época pertencían o marqués de Santa Cruz de Ribadulla e o conde de Ximonde, con foros nas terras. A Universidade de Compostela dispuña de dereitos sobre certas terras para cubrir gastos do seu funcionamento, e o Hospital Vello de Santiago tivo a propiedade do casal de Argunte, en San Mamede de Ribadulla.

No informe sobre o estado das rúas, fontes, murallas e camiños de Santiago mandado facer en 1542 por Carlos I menciónase o camiño de Ourense e as pontes de Sar, a de Ponte Pedriña e a de Busacos. En 1571 un forte temporal de neve e choivas destruíu o mosteiro de San Xoán da Cova e as pontes da Ulla e de Sarandón. A da Ulla foi reparada en 1612, e a outra non se sabe se se chegou a reparar, pois en 1708 outra nova enchenta derrubou as pontes.

Logo desa riada, en 1709 puxéronse barcas para cruzar o río, cun arrendamento da xestión das mesmas por períodos de 4 e 6 anos. Por elas eran transportadas as mercadorías que ían de Ourense e do Ribeiro cara a Santiago, A Coruña e Ferrol. Aínda que en 1737 foi concedido o permiso para reedificar as pontes, aínda en 1926 seguían activas as barcas do Ulla e de Sarandón. A ponte da Ulla (coñecida na actualidade como A Ponte Vella), rematouse en 1835, e a de Sarandón, aínda en pé, construíuse entre 1924 e 1926.

A comezos do século XVII as 12 parroquias actuais pertencían ao Arcebispado de Santiago. Co incremento da demografía desa época, debido á mellora na alimentación conseguida cos produtos chegados de América, as familias nobres de Compostela comezaron a instalarse na zona, exercendo os dereitos sobre as propiedades que adquiriran masivamente desde o século anterior.

Idade Contemporánea

O quinto marqués de Santa Cruz de Ribadulla, Juan Ignacio Armada, foi quen dirixiu o Batallón Literario formado en xuño de 1808 para defender a relixión, a patria e o rei. Para consolidar a autoridade moral do marqués, foi investido doutor en todas as facultades da Universidade compostelá.

Durante as guerras Carlistas, o conde de Ximonde, Pedro de Cisneros, puxo a disposición da causa carlista o pazo de Ximonde, en San Miguel de Sarandón, ademais de colaborar transportando armas para as faccións. No pazo de Ximonde elaborouse pólvora, e nel o pintor Cayetano Jordán pintou o escudo carlista, unha bandeira e outros obxectos.

Remove ads

Demografía

Máis información Censo total 2014, 5.073 habitantes ...
Evolución da poboación de Vedra   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.570 5.639 5.763 5.791 5.057 5.059 5.046 5.043 5.008 5.073
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Flora

A rexión posúe este tipo de flora:

  • atlántico, con bosques de carballos, bidueiros, amieiros etc.;
  • mediterráneo, principalmente nos vales interiores dos grandes ríos, con elementos significativos coma estevas, sobreiras, érbedos etc.;
  • continental bastante suavizado, con elementos puntuais coma teixos, acivros, algúns abetos (alóctonos), piñeiros vermellos etc.;

Debido á bonanza do clima, danse tamén facilmente especies subtropicais e mesmo tropicais: palmeiras, orquídeas etc. En Galicia houbo tres revolucións botánicas ou forestais, que se deron en tres épocas diferentes e con resultados ben distintos:

  • chegada do castiñeiro (Castanea sativa) cos romanos, rapidamente aclimatado e agora xa considerado coma autóctono;
  • chegada das repoboacións de piñeiro bravo (Pinus pinaster), co tempo chamado mesmo piñeiro do país ou piñeiro galego, dende a descubrimento de América, sobre todo para a construción de barcos;
Remove ads

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vedra.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vedra

Illobre (Santo André) | Merín (San Cristovo) | A Ponte Ulla (Santa María Madanela) | San Fins de Sales (San Fins) | San Mamede de Ribadulla (San Mamede) | San Miguel de Sarandón (San Miguel) | San Pedro de Sarandón (San Pedro) | San Pedro de Vilanova (San Pedro) | San Xián de Sales (San Xián) | Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz) | Trobe (Santo André) | Vedra (Santa Eulalia)

Remove ads

Lugares de Vedra

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vedra vexa: Lugares de Vedra.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads