Mercedes Gallego
historiadora da arte e política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
María de las Mercedes Gallego Esperanza, nada en Ourense o 1 de xaneiro de 1952, é unha historiadora da arte e política galega.
Remove ads
Traxectoria
Licenciouse e posteriormente doutorouse en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente aprobou unhas oposicións para dar clase no ensino secundario como catedrática de Xeografía e Historia no IES O Couto da cidade de Ourense, do que foi directora entre 1999 e 2004.[1] Nese ano presentouse ás eleccións de 2004 encabezando a candidatura ourensá do PP ao Senado, pola que resultou elixida.[2] Permaneceu na Cámara Alta durante os catro anos da lexislatura,[3] tempo tras o que se reincorporou ao ensino. No ano 2012 ocupou a xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense.[4]
Foi presidenta do Grupo de Arte Francisco de Moure (Ourense) entre 1993 - 2005.[5]
Remove ads
Obra
- Gallego Esperanza, María de las Mercedes. (D.L. 1993). Evocación en piedra y bronce : escultura pública en Orense (1887-1992). Ourense: Servizo de Publicacións da Deputación. ISBN 9788487575105. OCLC 434254003.
- Gallego Esperanza, María de las Mercedes. (1996). La escultura pública en Pontevedra (1. ed ed.). Pontevedra: Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Pontevedra. ISBN 9788488363350. OCLC 43521693.
- Gallego Esperanza, María de las Mercedes. ([2003]). Villamarín en el nuevo milenio. [Ourense]: Deputación Provincial de Ourense. ISBN 9788496011373. OCLC 433751388.
- Gallego Esperanza, María Mercedes (2017). Acisclo : escultor. Ourense: Deputación Provincial de Ourense. ISBN 9788416643011. OCLC 1011560812.
- Gallego Esperanza, María de las Mercedes (2018). O Froilán (1ª ed.). [Ourense]. ISBN 9788469790342. OCLC 1050783794.[6]
- Gallego Esperanza, María de las Mercedes. (2022). Los Rodríguez. Una saga en la ebanistería orensana. Ourense: Deputación de Ourense. ISBN 978-84-16643-52-3.
- Gallego Esperanza, María de las Mercedes. (2024). La Escultura Pública en Ourense (1887-2022). Ourense: Deputación de Ourense. ISBN 978-84-16643-59-2.
Tamén escribiu os textos dos catálogos de diversas exposicións, como as dos artistas Xavier Cuíñas ou Carmucha Vázquez Prats, ademais de numerosos artigos de arte en xornais e revistas especializadas.[7]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads