Zifio de Blainville

From Wikipedia, the free encyclopedia

Zifio de Blainville
Remove ads

O zifio de Blainville,[1] tamén grafado cifio de Blainville,[2] Mesoplodon densirostris, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[3] unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.[4]

Datos rápidos Características, Conservación ...

Recibe o seu nome vulgar na honra do naturalista, zoólogo e anatomista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville, que foi quen decribiu a especie.

É a especie de zifio con maior área de dispersión, e a máis estudada do xénero Mesoplodon.[5]

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1817 por Henri Marie Ducrotay de Blainville na páxina 178 da obra de Anselme Gaëtan Desmarest Nouveau dictionnaire d'histoire naturelle. 9, baixo o nome de Delphinus densirostris.[3]

Posteriormente foi reclasificada dentro do xénero Masoplodon, establecido en 1850 polo paleontólogo francés Paul Gervais en Ann. Sci. Nat. Zool. (París), ser. 3, 14: 16.[6]

Etimoloxías

Para a do xénero ver Mesoplodon.

O epíteto específico, densirostris, está formado pola unión dos elementos do latín científico densi-, do latín densus, "denso", "compacto", e -rostris, do xenitivo do latín rostrum, -i, "bico", "fociño".[7][8] Literalmente: "o de fociño compacto".

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Delphinus densirostris de Blainville, 1817 (basónimo)
  • Nodus densirostris Galbreath, 1963
  • Ziphius sechellensis Gray, 1846
Remove ads

Características

As principis características desta especie son:[2][8][9][10]

  • O seu corpo é robusto, pero menos ancho que o doutras especies do xénero.
  • A cabeza é plana frontalmente, e a súa mandíbula inferior está arqueada, formando un bico moderadamente longo. O melón é plano e comparativamente pequeno.
  • Os machos adultos son recoñecíbes de forma doada pois posúen dous dentes que sobresaen da boca, e que ás veces están infestados de crustáceos cirrípedes.
  • Unha das súas características máis notorias son os ósos extremadamente densos do seu rostro, que probablemente serven de protección contra os ataques doutros individuos da especie. Porén, na actualidade descoécese a función real destes ósos, xa que a graxa circundante e a fraxilidade do óso fan que sexa pouco probábel que se utilicen para combater. Suxeriuse que pode desempeñar un papel na ecolocalización, ou como lastre, pero sen suficientes observacións do seu comportamento isto non se pode confirmar.
  • Son de cor gris azulada, e gris claro na zona traseira. A súa cabeza é algo marrón.
  • Os machos miden polo menos 4,4 m, e pesan uns 800 kg, mentres que as femias miden polo menos 4,6 m e pesan uns 1 000 kg.
  • Ao naceren, as crías teñen unha lonxitude duns 190 cm, e un peso duns 60 kg.
  • É habitual observar nos exemplares deste zifio mordeduras circulares do tiburón Isistius brasiliensis (da familia dos dalatíidos).
Remove ads

Distribución

A especie prefire as augas cálidas do trópico, sendo o máis común observalas de Hawai, as Bahamas e nas illas da Sociedade, pero foron observadas tamén en latitudes altas, como en Islandia, as illas Británicas, no Xapón e, cara ao sur, en Suráfrica, Chile central, Tasmania e Nova Zelandia; obsérvanse con frecuencia na illa de El Hierro (illas Canarias, España).[11] A especie, con todo, aparentemente non é migratoria.[8]

Comportamento

Poden vivir en pequenos grupos, de 3 a 7 individuos.[8] Estes grupos poden estar formados por individuos de ambos os sexos, e de diferentes idades, ou poden estar segregados.[10]

As súas inmersións foron cronometradas en até 22 minutos, e até profundidades de 900 m. Cando emerxen, fano lentamente.[Cómpre referencia]

Como outros conxéneres encóntranse principalmente en alta mar en augas profundas, pero ás veces poden encontrarse cerca da costa.[12] Unha análise detallada das preferencias de hábitat nas Bahamas, onde esta especie se encuentra comunmente, indicou que os zifios de Blainville se encontraban preferentemente en augas de gradientes de profundidade intermedios a profundidades entre os 200 e os 1000 m (augas do noiro continental). Estas pode que sexan as zonas de maior dispoñibilidade de presas a causa das interaccións das correntes e a topografía local.[12] As observacións ao rededor das Hawai parecen indicar que estes animais prefiren profundidades de 700 a 1000 m.[13] Ritter e Brederlau avistaron Mesoplodon densirostris 24 veces entre setembro de 1995 e agosto de 1997 fronte á Gomera, Illas Canarias. Dos sete avistamentos para os que se rexistrou dita información, a profundidade media foi de 320 m e a distancia media desde a costa de 4,39 km.[14]

Probabelmente as luras son o seu alimento principal, pero tamén poden capturar algúos peixes en augas profundas.[8][15] Como a mayoría dos zifíidos, crese que se alimentan por succión.[16]

Remove ads

Ameazas

Algúns zifios de Blainville son capturados incidentalmente por barcos atuneiros xaponeses fronte ás Seychelles e Australia Occidental, así como directamente por pequenos cazadores de cetáceos en varias zonas. Dolar e colaboradores investigaron as pescarías de mamíferos mariños no centro e sur das Visayas, no norte de Mindanao e Palawan (Filipinas) a partir de informes arquivados e de visitas a lugares onde se realizan tales pescarías. Os cazadores da illa Pamilacan (Visayas Centrais) capturaron algúns cetáceos pequenos, entre eles Mesoplodon densirostris. Os golfiños e outros cetáceos pequenos son capturados con arpóns de man ou, cada vez máis, con frechas de arpón de punta articulada disparadas por fusís de lanza modificados accionados por goma.[17] Jefferson e col. informaron que algúns espécimes forano capturados incidentalmente no Pacífico norte por pescadores taiwaneses e, accidentalmente, por pescadores xaponeses de atún no océano Índico.[18]

En 1993 encontrouse un exemplar de zifio de Blainville adulto varado na costa sur do Brasil. A análise do contido do estómago revelou a presenza dun feixe azulado de fíos de plástico que ocupaban gran parte da cámara principal do estómago. Tanto o estómago como os intestinos estaban completamente libres de parasitos, así como de restos de comida e feces, o que indica que o animal non se alimentara durante algún tempo. O plástico inxerido pode que lle provocara unha falsa sensación de saciedade, o que podería reducir o seu apetito e, tamén, provocar a morte do zifio. Esta forma de contaminación pode estar aumentando, e poedría ser unha ameaza para a especie.[19]

Nos últimos anos aumentou a preocupación de que os sons subacuáticos fortes, como o sonar e as imvestigacións sísmicas, poidan ser prexudiciais para os zifios.[20] O uso do sonar activo desde embarcacións militares asociouse a varamentos masivos de zifios de Blainville.[21][22][23][24] O varamiento dos zifios de Cuvier no golfo de California tamén se relacionou estreitamente cun estudo sísmico.[20] A causa real dos varamentos non se comprende ben, pero propúxose a formación de burbullas de gas [25] a partir dunha resposta ao son mediada polo comportamento.[26]

Os impactos previstos do cambio climático global no medio mariño poden afectar a esta especie, aínda que a natureza dos impactos non está clara.[27]

Remove ads

Conservación

A especie é ocasionalmente cazada, pero nunca foi un branco principal. As redes de pesca de profundidade son probabelmente a súa ameaza principal. Existe evidencia, como quedou dito, de que poden ser vítimas de traumas auditivos debidos a actividades militares.

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta de que a información sobre a abundancia global da especie é limitada, e que non hai ningunha sobre as tendencias da abundancia dela, non se cre que sexa infrecuente, pero é potencialmente vulnerábel a ameazas de baixo nivel, e non se pode descartar unha redución global do 30 % en tres xeracións, polo que cualifuica o status da especie como DD (datos insuficientes).[28]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads