Zifíidos
única familia de mamíferos cetáceos da superfamilia dos zifioideos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos zifíidos[1] (Ziphiidae) é unha familia de mamíferos cetáceos odontocetos, a única da superfamilia dos zifioideos, que inclúe os zifios.
Trátase da familia de grandes mamíferos menos coñecida: varias das súas especies non se descubriron até as dúas últimas décadas do século XX.
Os zifios son o segundo grupo de cetáceos en canto a número de especies, despois da familia dos golfiños, e foron un dos primeiros que diverxeron da liñaxe ancestral.
Os fósiles máis antigos encontráronse en sedimentos do mioceno, de hai uns 20 millóns de anos.
Remove ads
Características

Os membros desta familia teñen un tamaño medio (para cetáceos), comprendido entre os 2 e os 14 m de lonxitude, e un peso que vai desde 1 a 15 t. A súa principal característica distintiva é a presenza dun fociño fino, similar ao de moitos golfiños, pero aínda máis estreito e dous sucos que converxen na garganta. Tamén se caracterízan por teren a aleta caudal sen incisura, as pectorais e a dorsal pequenas, e esta última situada nunha posición moi posterior.[2]
Aínda que Tasmacetus shepherdi é unha excepción, a maioría das especies desta familia só teñen un ou dous pares de dentes, e incluso estes poden faltar nas femias. A miúdo presentan dimorfismo sexual marcado.[3]
Coñécese moi pouco sobre a vida destes cetáceos, e mesmo algunhas especies, estudadas a partir de exemplares mortos, nunca se observaron en vida, probabelmente debido a que os seus hábitats están en augas oceánicas, moi afastadas das costas. Actualmente coñécense unhas 20 especies, pero podería haber outras aínda descoñecidas.[2]
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A familia foi descrita polo naturalista inglés John Edward Gray —segundo os autores— en 1850,[4] en Catalogue of the Mammalia in the collection of the British Museum, with descriptions of all the species and figures of the genera. Part I. Cetacea,[5] ou en 1865,[6] en Proc. Zool. Soc. Lond., 1865: 528.[6]
Etimoloxía
O nome da familia, Ziphiidae, foi cuñado por Gray e está formado, como é obrigatorio, sobre a base da raíz do nome do xénero elixido como tipo, Ziphius, -is, en xenitivo, é dicir, Ziphi-, engadíndolle a desinencia -ǐdae, propia das familias dos animais.
Sinonimia
Ao longo do tempo, a familia dos Ziphiidae coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]
- Ananarcinae Gill, 1871 (incorrecto gramaticalmente)
- Heterodontidae Girard, 1852
- Hyperoodontidae Gray, 1846
- Xiphidae Ameghino, 1889
- Ziphiinae Brandt, 1873 (Nota: véxase máis abaixo Subfamilia dos zifiinos.)
Clasificación da familia dentro dos cetáceos
A familia dos zifíidos comprende unha superfamilia con 6 xéneros actuais cun total de 21 especies.
Orde Cetacea
- Suborde Odontoceti
- Superfamilia Ziphioidea
- Familia Ziphiidae
- Subfamila Berardiinae
- Xénero †Archaeoziphius
- Xénero Berardius
- Xénero †Microberardius
- Subfamilia Hyperoodontinae
- Xénero †Africanacetus
- Xénero Hyperoodon
- Xénero Indopacetus
- Indopacetus pacificus
- Xénero Mesoplodon
- Mesoplodon bidens – zifio de Sowerby[7]
- Mesoplodon bowdoini
- Mesoplodon carlhubbsi
- Mesoplodon densirostris – zifio de Blainville[7]
- Mesoplodon europaeus
- Mesoplodon ginkgodens
- Mesoplodon grayi
- Mesoplodon hectori
- Mesoplodon layardii
- Mesoplodon mirus – zifio de True[7]
- Mesoplodon peruvianus
- Mesoplodon perrini
- Mesoplodon stejnegeri
- Mesoplodon traversii
- Xénero Ziphius
- Ziphius cavirostris – zifio de Cuvier[7] (Nota: véxase máis abaixo Subfamilia dos zifiinos.)
- Subfamila Berardiinae
- Familia Ziphiidae
- Superfamilia Ziphioidea
- Xéneros Incertae sedis
- †Nenga
- †Pterocetus
- †Xhosacetus
Subfamilia dos zifiinos
Algúns autotes consideran, ademais, a subfamilia dos zifiinos,[8][9] que incluiría, entre os taxons con especies actuais, ademais do xénero Ziphius, o xénero Tasmacetus, ambos monoespecíficos. Porén, a maioría das bases de datos de especies non recoñecen esta subfamilia, integrando ambas as especies na familia dos zifíidos.[10]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads