Metahemoglobina

From Wikipedia, the free encyclopedia

Metahemoglobina
Remove ads

A metahemoglobina é unha forma da metaloproteína transportadora de oxíxeno hemoglobina, na cal o ferro do grupo hemo está en estado férrico (Fe3+), e non no estado ferroso (Fe2+) da hemoglobina normal. A metahemoglobina non pode unirse ao oxíxeno, a diferenza da oxihemoglobina, que si pode.[1] Ten unha cor castaña chocolate azulada. No sangue humano é normal que exista unha cantidade traza de metahemoglobina que se produce espontaneamente. Pero cando está presente en exceso, o sangue toma unha cor anormal castaña azulada escura. O encima, dependente do NADH, metahemoglobina redutase (ou diaforase I) é responsable de volver converter a metahemoglobina en hemoglobina.

Thumb
Estrutura do encima que converte a metahemoglobina en hemoglobina.[2]

Normalmente do 1 ao 2 % da hemoglobina dunha persoa é metahemoglobina; se hai unha porcentaxe maior iso pode deberse á exposición a certos compostos químicos e dependendo do nivel ao que se chegue pode causar problemas de saúde denominados metahemoglobinemia. Un maior nivel de metahemoglobina tende a facer que a lectura dun oxímetro de pulso (aparello que mide a saturación de oxíxeno no sangue) sexa próxima ao 85% independentemente de cal sexa o verdadeiro nivel de saturación de oxíxeno.[3]

Remove ads

Causas comúns

Os niveis elevados de metahemoglobina poden darse nos seguintes casos:

  • Mecanismos de defensa celular reducidos.
    • Nenos menores de 4 meses expostos varios axentes ambientais.
    • As mulleres embarazadas son consideradas vulnerables á exposición a altos niveis de nitratos na auga potable.[4]
    • Deficiencia de citocromo b5 redutase.
    • Deficiencia de glicosa-6-fosfato deshidroxenase.
    • Enfermidade da hemoglobina M (Milwaukee),[5] de orixe xenética.
    • Deficiencia en piruvato quinase
  • Diversos fármacos
    • Axentes anestésicos locais, especialmente a prilocaína.
    • Xeles, líquidos e pastillas para o alivio da dor oral, que conteñan benzocaína.[6]
    • Amil nitrito, cloroquina, dapsona, nitratos, nitritos, nitroglicerina, nitroprusiato, fenacetina, fenazopiridina, primaquina, quinonas e sulfonamidas.
  • Axentes ambientais.
  • Trastornos herdados
    • Hai casos de familias que, debido a un xene recesivo, teñen membros coa pel azulada debido a un exceso de metahemoglobina.[8]
  • En gatos
Remove ads

Usos terapéuticos

O amil nitrito adminístrase para tratar o envelenamento de cianuro. Funciona convertendo a hemoglobina en metahemoglobina, á que se pode unir o cianuro e a formación de cianometahemoglobina non tóxica.[10]

Saturación de metahemoglobina

A saturación de metahemoglobina exprésase como unha porcentaxe de hemoglobina en estado de metahemoglobina, é dicir, a metHb en proporción á Hb.

Manchas de sangue

Nas manchas de sangue pode observarse a presenza da metahemoglobina. Despois de saír do corpo, as manchas de sangue cambian do vermello brillante ao castaño escuro, o cal se atribúe á oxidación da oxihemoglobina (HbO2) a metahemoglobina (metHb) e hemicromo (HC).[11]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads