Coma

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A coma ou vírgula[1][2] (,) é un signo de puntuación que sinala unha breve pausa que se produce dentro do enunciado.

Datos rápidos ,, Signos ortográficos ...
Este artigo trata sobre o signo de puntuación, para o estado de perda da conciencia véxase Coma (medicina).
Remove ads

Historia

No século III antes de Cristo, Aristófanes de Bizancio inventou un sistema de puntos (distinctiones) para separar versos e indicar a cantidade de aire que era preciso tomar para ler en voz alta o texto.[3] As distintas lonxitudes das pausas eran sinaladas por un punto inferior, medio ou superior. O punto medio ou media distinctio ( · ) equivalía ao concepto actual de coma.

O símbolo actual descenda da barra diagonal ou virgula suspensiva ( / ), empregada entre os séculos XIII e XVII para representar unha pausa. A coma moderna foi empregada por primeira vez por Aldo Manuzio.[4][5]

Remove ads

Usos lingüísticos

  • Utilízase para separar os membros dunha enumeración, salvo os que veñan precedidos por algunha das conxuncións e, ou ou nin. Por exemplo:
Teño cans, gatos, coellos e ratos.
María volveu a casa, fixo os deberes, ceou e foise á cama.
  • A coma entre oracións relacionadas entre si marca dentro do texto o final dunha delas e o comezo doutra:
Os soldados saudaban, a xente aplaudía, e os nenos non paraban de cantar.
  • As oracións subordinadas circunstanciais que preceden á principal deben de ser separadas desta por unha coma. No caso de que vaian inseridas no medio da principal deben de ir entre comas. Débese facer o mesmo cos complementos circunstanciais: Cando veñas outra vez á miña casa, chámame antes.
  • Tamén se utiliza para delimitar unha aclaración ou inciso:
Nacho, o meu curmán, acaba de conseguir o seu primeiro emprego.
  • As locucións conxuntivas ou adverbiais, sexa cal for a súa posición, van precedidas e seguidas de coma, tales como: en efecto, é dicir, en fin, por conseguinte, no entanto, así a todo, porén e outras da mesma clase.
Dáme iso axiña, é dicir, se che parece ben.
Pasou unha má noite. Ao día seguinte, no entanto, aprobou o seu exame.
  • O vocativo escríbese seguido de coma se vai ao principio da frase; precedido de coma se vai ao final; e entre comas se vai no medio.
Carlos, ven aquí. Ven aquí, Carlos. ¿Sabes, Carlos, quen veu?
  • Separa o suxeito do predicado cando se suprime o verbo: A mellor comida, o pan
  • As oracións explicativas que van dentro doutras sepáranse entre comas: Esas mozas, que tanto saltan, chegaron tarde.
  • No período adversativo, se antes da conxunción hai unha pausa, márcase cunha coma: Estou certo, pero non o sei demostrar.
Remove ads

Uso como diacrítico

  • A coma é empregada como sinal diacrítico en romanés baixo o s (Ș, ș) e o t (Ț, ț). O símbolo deriva da cedilla e ocasionalmente é substituído por esta, aínda que tecnicamente non é correcto. Na transición do alfabeto cirílico ao latino tamén se empregou .
  • En letón escríbese nas letras ģ, ķ, ļ, ņ[6] e, historicamente, ŗ para indicar palatalización. No caso do g minúsculo a coma escríbese sobre a letra, non sendo así no caso da maiúscula ( Ģ ).
  • En nez perce[7] e colville-okanagan[8] empréganse comas superiores.

Outros usos

  • A coma utilízase como signo decimal en gran parte do mundo non anglosaxón. Por exemplo
3,14159
  • No mundo anglosaxón e algúns países castelanfalantes, a coma emprégase en números grandes para separar os seus díxitos en grupos de tres, empezando pola dereita.
$15,000,000

En Matemáticas a coma emprégase en moitos contextos:

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads