Michael D. Higgins
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Michael Daniel Higgins, en irlandés, Micheál D. Ó hUigínn ; nado en Limerick o 18 de abril de 1941 é un político irlandés, actual presidente de Irlanda. Anteriormente foi deputado, ministro de Cultura e presidente do Partido Laborista .[1]
Remove ads
Traxectoria
Primeiros anos e formación
Michael D. Higgins naceu en Limerick, Irlanda. O seu pai, John Higgins, era natural de Ballycar, condado de Clare, e era tenente na compañía de Charleville do IRA. John, así como os seus dous irmáns Peter e Michael, foron participantes activos na Guerra de independencia de Irlanda.[2]
Cando a saúde do pai de John se deteriorou (en parte debido ao seu alcoholismo), John enviou a Michael, que entón tiña 5 anos, e ao seu irmán, que entón tiña 4 anos, a vivir na granxa do seu tío preto de Newmarket-on-Fergus, condado de Clare. As súas irmás xemelgas ficaron en Limerick.[3] Estudou na Ballycar National School e no St. Flannan's College.[4]
Como estudante na Universidade Nacional de Irlanda, Galway, exerceu como vicepresidente da Literary and Debating Society da universidade entre 1963 e 1964, chegando ao cargo de auditor no curso 1964-1965. Tamén foi presidente do Sindicato de Estudantes da universidade entre 1964 e 1965. En 1967, Higgins graduouse na Universidade de Indiana en Bloomington, EUA, cun máster en Socioloxía. [5] Tamén asistiu brevemente á Universidade de Manchester.[6]
Carreira
Na súa carreira académica, foi profesor titular no departamento de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Nacional de Irlanda, Galway [7] e foi profesor visitante na Universidade do Sur de Illinois.[8] [9] Abandonou os seus cargos académicos para centrarse totalmente na súa carreira política. [10]
Presidente de Irlanda
Foi nomeado candidato do seu partido para as eleccións presidenciais de 2011 o 19 de xuño dese ano nunha reunión do Comité Executivo Nacional e do grupo parlamentario do Traballo. El expresara a súa intención de presentarse en setembro de 2010 e derrotou a outros dous candidatos, Fergus Finlay e a ex senadora Kathleen O'Meara. O 29 de outubro de 2011, dous días despois das eleccións presidenciais, Higgins foi declarado vencedor cun total de 1.007.104 votos. Foi reelixido para un segundo mandato nas eleccións de 2018.
Linguas
Ademais do inglés, o presidente Higgins domina a lingua irlandesa e o castelán, un idioma que é capaz de ler mesmo textos complexos. No verán de 2012 pasou tres semanas matriculado nun curso para estranxeiros organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo na cidade de Santander co fin de perfeccionar o seu nivel de español coma se fose un estudante máis, a pesar da súa condición de Xefe de Estado.[11]
Relación con Galiza
Un dos seus fillos foi profesor de inglés en Santiago de Compostela durante catro anos; Nese tempo visitouno e veraneou en Porto do Son.[12] En 2013 fixo unha ofrenda floral na Catedral de Santiago ás vítimas do accidente de Angrois.[13] En 2018 recitou poesía de Martín Codax xunto con con Carlos Núñez, traducida do galego-portugués orixinal ao gaélico irlandés.[14]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads