Michael Keating
Escritor e politicólogo escocés From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Michael Keating, nado o 2 de febreiro de 1950 en Inglaterra, é un escritor e politicólogo escocés que ten desenvolvido estudos sobre Galicia.[1]
Remove ads
Traxectoria
Keating naceu no nordeste de Inglaterra, se ben pola súa familia procedía de Escocia, Irlanda e o Canadá, e de feito conserva estas tres nacionalidades.[2] Licenciouse en Politicoloxía na Universidade de Oxford (1971) e doutorouse na Universidade Politécnica de Glasgow en 1975. Como docente comezou traballando en 1975 para a universidade de Essex, en 1976 trasladouse á universidade Politécnica de North Stafordshire, ambas as dúas en Inglaterra, e en 1979 comezou unha década de ensinanza na Universidade de Strathclyde, en Glasgow.
En 1988 marchou ao Canadá, onde traballou na Universidade de Ontario Occidental e unha década máis tarde, en 2000 trasladouse de novo a Europa para conseguir unha praza na Universidade de Aberdeen e dar clase no Instituto Universidade Europea de Firenze, onde chegou a ser o director do departamento de Políticas. En 2010 regresou de novo a Aberdeen. Como profesor visitante, ensinou no Instituto de Estudos Políticos de París, na Universidade de Santiago de Compostela, na Universidade do País Vasco, na Universidade Estatal e Politécnica de Virxinia, no Instituto Nobel ou na Universidade de Grenoble.[3]
Como investigador especializouse na análise dos movementos nacionalistas en Europa, e en especial Escocia, Cataluña, o País Vasco ou Galicia. É membro da Royal Society of Edinburgh e doutor honoris causa pola universidade Católica de Mons (Bélxica).
Remove ads
Obra
- Nations against the State: The New Politics of Nationalism in Quebec, Catalonia and Scotland (Macmillan, 1996)
- The political economy of regionalism (Portland, 1997)
- Plurinational Democracy: Stateless Nations in a Post-Sovereignty Era (Oxford University Press, 2001)
- Minority nationalism and the changing international order (Oxford University Press, 2001)
- Culture, institutions, and economic development: a study of eight European regions (Edward Elgar, 2003)
- Regions and regionalism in Europe (Edward Elgar, 2004)
- The Government of Scotland: Public Policy Making after Devolution (Edinburgh University Press, 2005),
- Approaches and Methodologies in the Social Sciences (Cambridge University Press, 2008), a canda Donatella della Porta.
- The Independence of Scotland (Oxford University Press, 2009)
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads