Michael Metcalf
numismático do Reino Unido From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
David Michael Metcalf, nado en Newcastle o 8 de maio de 1933 e finado o 25 de outubro de 2018, foi un numismático do Reino Unido vinculado á Universidade de Oxford, especializado na moeda medieval, do Imperio Bizantino, dos Estados cruzados e dos Balcáns.[1][2][3]
- Non confundir co numismático estadounidense William E. Metcalf
Remove ads
Traxectoria
O seu pai, Thomas Metcalf, fora un ministro metodista, e a súa nai, Gladys Moore, exercera como mestra. A familia procedía de Yorkshire, aínda que tiña un carácter moi itinerante por mor da dedicación do seu pai, motivo polo que Michael naceu en Newcastle.[3]
Metcalf estudou Xeografía na Universidade de Cambridge, onde posteriormente obtivo o seu doutoramento baixo a dirección de Philip Grierson, cunha tese acerca da circulación monetaria nos Balcáns de 820 a 1355, que foi publicada en 1965.[1]
Posteriormente, traballou na Sala de Moedas Heberden do Museo Ashmolean, da Universidade de Oxford, á que chegou da man de Humphrey Sutherland. Alí exerceu inicialmente como conservador axudante, a partir de 1971, e entre 1982 e 1988 chegou a ser o director dese importante gabinete numismático.[1][4]
Paralelamente, foi nomeado profesor de Numismática desa mesma Universidade (Wolfson College) en 1996, posto no que se mantivo ata a súa xubilación en 1998, cando foi nomeado profesor emérito.[3][5]
Entre 1994 e 1999 exerceu a presidencia da Real Sociedade Numismática de Londres, de cuxo órgano de expresión, Numismatic Chronicle, foi director.[6] En 2007 foi nomeado membro de honra desa sociedade científica.[7][8]
Remove ads
Recoñecementos
- 1955: Premio Parkes Weber, da Royal Numismatic Society de Londres.[9]
- 1983: Medalla John Sanford Saltus, da British Numismatic Society.[10]
- 1985: Premio literario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais.[11]
- 1987: Medalla da Royal Numismatic Society.[12]
- 1991: Medalla Huntington, da American Numismatic Society.[13]
- 2008: Premio Numismático Meshorer, do Museo de Israel.[14]
- 2008: Premio Derek Allen, da Academia Británica.[15]
- 2008: Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática.[16]
- 2009: Medalla Gunnar Holst, da fundación numismática sueca Göteborg.[17]
Remove ads
Escolma de publicacións
A obra numismática de Metcalf é moi abundante, tanto en artigos publicados en revistas especializadas como en libros acerca de temas numismáticos. Esta é unha selección das súas obras máis significativas:[18][19]
- (1961): The Coinage of South Germany in the Thirteenth Century. Spink.
- (1965): Coinage in the Balkans, 820-1355. Institute for Balkan Studies. Tesalónica.
- (1968): Studies in the Composition of Early Medieval Coins. Con J. M. Merrick e L. Kaye. Corbitt & Hunter.
- (1969): The Origins of the Anastasian Currency Reforms. Adolf M. Hakkert.
- (1972). Methods of Chemical and Metallurgical Investigation of Ancient Coinage: A symposium held by the Royal Numismatic Society at Burlington House, London, 9–11 December 1970 (con E. T. Hall). Royal Numismatic Society. Special Publications, 8. ISBN 9780901405036
- (1976): The Copper Coinage of Thessalonica under Justinian I. Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften.
- (1979): Coinage in South-Eastern Europe, 820-1396. Royal Numismatic Society. Special Publications, 11. Londres.
- (1980): Metallurgy in Numismatics. Con W. A. Oddy. Royal Numismatic Society. Special Publications, 13. ISBN 9780901405142
- (1983): Coinage of the Crusades and the Latin East in the Ashmolean Museum, Oxford. Royal Numismatic Society e Society for the Study of the Crusades and the Latin East. Special Publications, 14. ISBN 9780901405210
- (1993-1994): Thrymsas and Sceattas in the Ashmolean Museum. 3 vol. Royal Numismatic Society e Ashmolean Museum. Special Publications, 27. ISBN 9781854440471
- (1996): The Silver Coinage of Cyprus, 1285–1382. Cyprus Research Centre. Nicosia. ISBN 9789963080311
- (1998): An Atlas of Anglo-Saxon and Norman Coin Finds, 973–1086. Royal Numismatic Society. Special Publications, 32. ISBN 9781854441102
- (1998): The White Bezants and Deniers of Cyprus, 1192–1285. Cyprus Research Centre. Nicosia. ISBN 9789963080465
- (2000): The Gros, Sixains, and Cartzias of Cyprus: 1382–1489. Cyprus Research Centre. Nicosia. ISBN 9789963080564
- (2009): Byzantine Cyprus: 491–1191. Cyprus Research Centre. Nicosia. ISBN 9789963081158
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads