Michelle Yeoh

From Wikipedia, the free encyclopedia

Michelle Yeoh
Remove ads

Michelle Yeoh Choo-Kheng nada en Ipoh (Perak) o 6 de agosto de 1962, é unha actriz, modelo e bailarina malaia de orixe chinesa. O seu nome de nacemento en mandarín é Yáng Zǐqióng. Fala inglés, malaio e posteriormente aprendeu chinés.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Educación

Comezou a estudar ballet ós catro anos. Segundo as súas propias declaracións, inspirada polo éxito do filme Fame únese á Royal Academy of Dance de Londres en 1980, onde acada o título en danza. Durante os seus estudos en Inglaterra probou técnicas de baile de tendencias como o jazz e o ballet; porén, a súa idea de se converter en prima bailarina truncouse por unha lesión de columna que sufriu nunha sesión de práctica na universidade. Esta lesión levouna a se especializar en coreografía e, por recomendación médica, afástase do baile como dedicación profesional.

Remove ads

Traxectoria

En 1983 regresou ó seu país natal, participando e gañando o concurso de beleza Miss Malaisia. Apareceu nun anuncio de televisión xunto a Jackie Chan, o que espertou o interese dalgúns produtores cinematográficos. Apareceu logo nalgúns filmes producidos en Hong Kong cos actores Jackie Chan e Chow Yun-fat. Cando contrae matrimonio co executivo de cinema Dickson Poon en 1988, retírase da actuación até o ano 1992.

Logo do seu divorcio regresou ó cine con relativo éxito. Tralo seu regreso, a meirande parte dos seus papeis foron relacionados con filmes de artes marciais, cos que obtivo grande éxito en Asia. Curiosamente a pesar de non ter recibido adestramento formal en artes marciais é unha das poucas actrices que realizan as acrobacias persoalmente sen a axuda de dobres. Debido á súa crecente fama en Asia foi chamada a coprotagonizar en 1997 007: O mañá nunca morre da saga de James Bond xunto ó irlandés Pierce Brosnan, co que a súa imaxe fíxose máis familiar en occidente. Ese mesmo ano foi seleccionada pola revista "People" como unha das 50 persoas máis fermosas do mundo. Porén, foi o éxito internacional de Wò hǔ cáng lóng (Título orixinal: 臥虎藏龍. Tradución ó galego: "Tigre agazapado, Dragón agochado") xunto a Zhang Ziyi e Chow Yun-fat, dirixida por Ang Lee foi o filme que deparou un maior recoñecemento. Yeoh volveu aparecer en occidente ó coprotagonizar novamente xunto a Zhang Ziyi e co xaponés Ken Watanabe Memorias dunha gueixa, filme producido por Steven Spielberg.

Remove ads

Vida persoal

Thumb
Jean Todt con Michelle Yeoh e o alcalde de Pierrefort diante da casa número 15 na Rúa Jean Todt

Yeoh casou co empresario de Hong Kong Dickson Poon, que posúe negocios como Harvey Nichols e Charles Jourdan. Despois de divorciarse, o 28 de setembro de 2004 Jean Todt, director do equipo Ferrari da Fórmula 1, anunciou o seu compromiso matrimonial con Michelle Yeoh. Yeoh é de relixión budista. En marzo de 2008, visitou Vietnam para filmar un documental da rexión para a "Asia Injury Prevention Foundation" (AIPF). Yeoh é tamén unha partidaria e embaixadora do proxecto da China comprometido a protexer os tigres do sur da China.

Filmografía

Thumb
Michelle Yeoh en Cannes no 2000.
Thumb
Yeoh en Cannes no 2007
Thumb
Michelle Yeoh en Cannes no 2009
Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Galardóns e nomeamentos

BAFTA á mellor actriz por Wò hǔ cáng lóng

Thumb
Pegadas de Yeoh sobre a avenida das estrelas en Hong Kong

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads