Ludwig Mies van der Rohe

arquitecto alemán From Wikipedia, the free encyclopedia

Ludwig Mies van der Rohe
Remove ads

Ludwig Mies van der Rohe, nado en Aquisgrán o 27 de marzo de 1886 e finado en Chicago (Illinois) o 17 de agosto de 1969, foi un arquitecto alemán considerado un dos principais nomes da arquitectura do século XX. Foi mestre da Bauhaus e un dos formadores do que se coñece por International style.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Pavillón alemán na feira de Barcelona de 1929 (reconstrución).

Mies van der Rohe posuía unha arquitectura sempre vinculada ao racionalismo espacial. A súa concepción dos espazos arquitectónicos envolvía unha profunda depuración da forma, supeditada sempre ás necesidades do lugar. Ese minimalismo exprésase nunha das súas máis famosas frases: "Menos é máis". Nos seus proxectos predominan espazos abertos ou transparentes, usando sempre materiais como o vidro e o metal.

Remove ads

Traxectoria

Formación

De novo, traballou na empresa da súa familia antes de viaxar a Berlín e xuntarse co estudio de Bruno Paul. En 1908 ingresa no estudio do proto-modernista Peter Behrens, do cal se torna un discípulo. Alí permaneceu ata 1912.

Os primeiros proxectos de van der Rohe amosaban a profunda influencia do antigo mestre: demostraba control das novas posibilidades estruturais permitidas polo avance tecnolóxico e pregaba un novo tipo de clasicismo prusiano.

Co tempo, pasa a recibir influencias do neoplasticismo (formado en 1917) e do construtivismo ruso, o que fai xerminar nel o espírito modernista. O uso do metal e do vidro xa se tornan unha marca da súa arquitectura. Entre 1918 e 1925 participa no Novembergruppe, un grupo de arquitectos dedicados á propagación da arquitectura moderna.

Bauhaus

Xa ligado á nova arquitectura, van der Rohe é convidado a ensinar na Bauhaus, fundada polo seu colega Walter Gropius. En 1930 sucede a Hannes Meyer na dirección da escola, e vese obrigado a desprazarse a Berlín debido ó cerco nazi en 1933.

É dese período o seu proxecto máis famoso, o pavillón alemán da Feira Universal de Barcelona: unha estrutura bastante leve, sustentada por delgados piares metálicos e constituído esencialmente de planos verticais e horizontais. Logo da exposición o pavillón foi demolido, mais a súa importancia foi tal que volveu ser construído na década de 1990 coma homenaxe ó arquitecto e símbolo do modernismo.

Estados Unidos

Coa persecución nazi cada vez máis forte, Mies vese obrigado a saír de Alemaña. Pasa a vivir nos Estados Unidos en 1937, destino común dos exiliados alemáns. Neste país desenvolve investigacións con rañaceos e proxecta, xunto con Philip Johnson o edificio-sede da Seagrams (entón o edificio máis alto do mundo) en Nova York, considerado marco do funcionalismo. Neste proxecto, Rohe revoluciona o patrón construtivo neoiorquino ó deixar a metade do terreo libre para uso público e converter o edificio nunha leve torre de vidro.

Proxecta tamén o Departamento de Arquitectura Instituto de Tecnoloxía de Illinois en Chicago, escola cuxo programa é desenvolvido por el e da cal se torna director.

Remove ads

Principais proxectos

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads