Walter Gropius

arquitecto alemán From Wikipedia, the free encyclopedia

Walter Gropius
Remove ads

Walter Adolph Georg Gropius, nado o 18 de maio de 1883 en Berlín e finado o 5 de xullo de 1969 en Boston, foi un arquitecto alemán[1], fundador da Bauhaus.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Bauhaus
Remove ads

Traxectoria

As súas primeiras realizacións, antes da primeira guerra mundial como a fábrica Fagus, amosan a súa preferencia por unha arquitectura sinxela e lóxica arredada dos estilos históricos. Gropius fundou en 1919 a Bauhaus de Weimar, trasladada en 1925 a Dessau, e foi o seu director ata 1928. Escola e obradoiro ó mesmo tempo, a Bauhaus foi unha das creacións culturais máis significativas e trascendentes do período de entreguerras, caracterizábase polo traballo en equipo e a colaboración de mestres creadores, a combinación de programas teóricos e prácticos, a produción de obxectos en materiais ben variados con destino á industria, o que puña ós alumnos en contacto directo co mundo do traballo.

Tras deixar a dirección da Bauhaus, Gropius proxectou barriadas en Alemaña caracterizadas a distribución de unidades de moitos pisos distanciadas entre si. A partir de 1934 viviu en Inglaterra e nos Estados Unidos.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads