Miguel Corgos
funcionario e politico galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Miguel Corgos López-Prado, nado na Coruña en 1971, é un alto funcionario e político galego, conselleiro de Facenda e Administración Pública dende outubro de 2021.
Traxectoria
Licenciado en Ciencias Ecónomicas e Empresariais pola Universidade da Coruña e máster en Administración Financeira e Tributaria así como posgrao en Auditoría de Contas pola mesma universidade, ingresou na función pública galega en 2000 dentro da Intervención Xeral.[1] Conta co diploma de directivo da Escola Galega de Administración Pública.[2] Como funcionario de carreira durante o goberno bipartito presidido por Emilio Pérez Touriño (2005-2009) asumiu a Subdirección xeral de Control Financeiro Permanente da Consellería de Facenda (2005-2007) e logo a Subdirección xeral de Control Orzamentario (2007-2009).
Coa chegada de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta, Corgos foi Director Xeral de Orzamentos (2009-2012) e, entre 2012 e 2021, Director Xeral de Planificación e Orzamentos.[3] O 16 de outubro de 2021 foi designado conselleiro de Facenda e Administración Pública para cubrir a vacante deixada polo pasamento do anterior titular, Valeriano Martínez.[4]
Tomou posesión do cargo o 18 de outubro de 2021 no Pazo de Raxoi, participando logo nun Consello da Xunta extraordinario que aprobou o proxecto de orzamentos para o 2022.[5]
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado pola Coruña.[6] Continuou como Conselleiro de Facenda e Administración Pública no novo gabinete de Alfonso Rueda.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads