Pego, Alacant
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Pego é un concello da Comunidade Valenciana situado no nordeste da provincia de Alacant, no límite coa provincia de Valencia e na comarca da Marina Alta. Ten 11.043 habitantes (INE 2008). Foi historicamente centro do val que porta o seu nome así como tamén das poboacións dos vales veciños da comarca. O rei Pedro III creou a baronía de Pego (1262) e repoboouna con colonos barceloneses segundo documentación da época.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pego.
Foi cabeza de partido xudicial e pertenceu ás demarcacións históricas da gobernación de Xàtiva até o 1707 e despois á de Dénia até o 1833, ano en que pasa a pertencer á provincia de Alacant. A área comercial onde se inclúe é a de Gandia mantendo un mercado propio bastante importante.
Remove ads
Xeografía
O Val de Pego está composto polos concellos de Pego e de L'Atzúbia. Constitúe unha clara unidade física e humana situada no centro norte da comarca da Marina Alta, á beira da provincia de Valencia. É unha gran depresión rodeada de montañas, fóra da zona de levante onde hai unha formación de albufeira, pantano e un cordón areoso das devesas.
As montañas máis destacadas son: a Serra del Cavall (713 m de altura), Montnegre (653 m), Bodoix (556 m), Mostalla (359 m), Ambra (298 m). Os ríos do val son: Bullentó ou Calapatar, que dá orixe ao de Racons ou Molinell por medio do río Revolta que os serve de ligazón. Tamén hai os cantís de Benixat, Benituba, Castelló, Mostalla e Sant Joaquim. A súa pluviometría é das máis altas do país, o que fai que acumule augas do val e dos veciños e que haxa unha zona pantanosa. Foi moi destacado o cultivo do arroz bombón durante o século XX.
Accédese a esta localidade por estrada, dende Alacant, a través da N-332 tomando logo a CV-700. Pego limita cos termos municipais de L'Atzúvia, Dénia, Orba, Ràfol d'Almúnia, Sagra, Tormos, La Vall d'Ebo e Oliva, este último pertencente á provincia de Valencia.
Remove ads
Demografía
Conta cunha poboación de 11.043 habitantes (2008). Un 18,7% da súa poboación censada é da inmigración, principalmente doutros países do continente europeo.[1]
Remove ads
Economía
A súa economía descansa na agricultura de regadío, concretamente nos cítricos e no cultivo do arroz na zona de pantano, se ben é certo que os seus servizos se proxectan fóra da poboación. Ademais de cultivar numerosas laranxeiras, típicas do País Valenciano.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads