Miles Bridges

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Miles Bridges
Remove ads

Miles Emmanuel Bridges Sr., nado o 21 de marzo de 1998 en Flint, Míchigan, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Charlotte Hornets da National Basketball Association (NBA). Con 1,96 metros de estatura xoga nas posicións de ala e ala-pivote.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria profesional

O 21 de xuño de 2018, Bridges foi seleccionado polos Los Angeles Clippers na 12ª posición do Draft da NBA de 2018, e foi traspasado ós Charlotte Hornets a cambio da 11ª elección do Draft, Shai Gilgeous-Alexander.[1] O 2 de xullo de 2018, Bridges asinou un contrato de tres anos cos Hornets.[2] Na súa primeira tempada na National Basketball Association, Bridges participou no concurso de mates do All-Star Weekend da NBA de 2019. O 14 de febreiro de 2020, foi elixido coma mellor xogador do Rising Stars Challenge do All-Star de 2020, tras a vitoria do Team USA por 151-131 contra o Team World.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads