Milmanda, Celanova
parroquia civil do concello de Celanova From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa Eufemia de Milmanda é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 177 habitantes (83 homes e 94 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 27 habitantes en relación ao ano 2000.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Milmanda (homónimos).
Remove ads
Historia
Milmanda recibiu en 1199 a primeira carta foral outorgada a unha poboación reguenga en Galicia. O topónimo Milmanda foi outorgado por Afonso IX nesa carta e correspóndese con topónimos franceses como Mirmande e Marmande.[2]
Pertenceu ao concello de Acevedo do Río que en 1968 incorporouse a Celanova.
Patrimonio
Na parroquia sitúase a torre de Milmanda, vestixio dun castelo medieval.
Lugares e parroquias
Lugares de Milmanda
Lugares da parroquia de Milmanda no concello de Celanova (Ourense) | |
---|---|
Ademourán | O Carballo | Carracedo | A Madanela | Moimenta | Orbán | O Pereiro | San Martiño | Santa Eufemia |
Parroquias de Celanova
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads