Rabal, Celanova

parroquia civil do concello de Celanova From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

San Salvador de Rabal é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2011 tiña 109 habitantes (57 mulleres e 52 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 154 habitantes.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Remove ads

Historia

Rabal atópase no vello camiño dunha calzada romana que partía da ponte romana do Freixo cara a Ourense, aínda que se apunta cara a unha orixe altomedieval dos distintos núcleos de poboación por parte de labregos libres. De todas formas os documentos medievais din que enriba se atopaba o castro de Pelosino.

Segundo o arquivo de manuscritos de propiedades do mosteiro de Celanova[2], Rabal era unha vila que entre os anos 956 a 997 foi apoderándose dela San Rosendo e os seus monxes, mediante a compra de bens inmobles e raíces, onde varios labregos libres xa se organizaran comunitariamente para o uso compartido do terreo e os seus bens (dereitos de paso, aproveitamento da forza hidráulica e da pesca do río Arnoia). Ademais da igrexa (que cambiou a advocación orixinal de San Mamede pola de San Martín) en Rabal houbo un mosteiro no lugar de Sampaio, cuxos únicos testemuños son un topónimo e unha referencia documental. No ano 959 a abadesa Guntroda doou unha viña ao abade Fafilán (o mesmo que fundara un mosteiro no monte Louredo en Toén) e ó mosteiro por el fundado en Rabal, baixo a advocación de San Paio[3] : Descoñécese canto tempo durou este mosteiro, e os investigadores cren que foi dependente do mosteiro de Celanova e posterior absorción.

Nun documento que recolle a venda que fan Egilo e a súa sobriña no ano 964 ao mosteiro de Celanova, estes doan varias terras e un pazo; a intrusión do mosteiro de Celanova non vai traer ningún cambio na organización do territorio ou de melloras (xa feitas pola "república de homes libres", labregos anteriores ó mosteiro que vivían na vila de Rabal) senón que trae consigo unha reorientación do sistema de explotación que, a partir do século X e de que o mosteiro de Celanova se converte nun terratenente, apoiarase no traballo de campesiños que non son donos de terra que traballan, e a introdución no lugar de escravos.

Remove ads

Lugares e parroquias

Lugares de Rabal

Lugares da parroquia de Rabal no concello de Celanova (Ourense)

A Abelleira | A Armada | Ponte Fechas | Rabal da Eirexa | Rabal de Arriba | San Paio

Parroquias de Celanova

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Celanova

Acevedo do Río (San Xurxo) | Alcázar de Milmanda (Santa María) | Amoroce (Santiago) | Ansemil (Santa María) | Barxa (San Tomé) | Bobadela (Santa María) | Cañón (San Lourenzo) | Casardeita (Santiago) | Castromao (Santa María) | Celanova (San Rosendo) | Fechas (Santa María) | Freixo (Santa Cristina) | Milmanda (Santa Eufemia) | Mourillós (San Pedro) | Orga (San Miguel) | Rabal (San Salvador) | A Veiga (San Paio) | Vilanova dos Infantes (San Salvador) | Viveiro (San Xoán)

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads