Minor Threat
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Minor Threat foi unha banda estadounidense de hardcore punk formada en Washington, D.C. no ano 1980 polo vocalista Ian MacKaye e o batería Jeff Nelson. MacKaye e Nelson tocaran en varios grupos xuntos, e recrutaron ao baixista Brian Baker e ao guitarrista Lyle Preslar para formar Minor Threat. En 1982 uniuse Steve Hansgen, engargándose do baixo, mentres que Baker pasou a converterse no segundo guitarrista.
A banda tivo unha curta vida, separándose en 1983, pero foi moi influente na escena hardcore punk. A súa canción "Straight Edge" converteuse na base do posterior movemento straight edge, mentres que a banda adoitaba profesar os seus propios ideais "straight edge".
Xunto coa tamén banda de hardcore punk de Washington, D.C. Bad Brains e a californiana Black Flag, Minor Threat estableceu o estándar para moitos grupos do xénero dos anos 80 e os anos 90. Todos os traballos de Minor Threat foron editados polo propio selo de Ian MacKaye e Jeff Nelson, Dischord Records. O EP Minor Threat e o seu único álbum Out of Step recibiron un gran número de eloxios e cítanse como fitos do xénero hardcore punk.[1][2]
Remove ads
Discografía
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads