Bad Brains
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Bad Brains é unha banda estadounidense de hardcore punk formada en Washington, D.C. en 1977. Está amplamente considerada como pioneira do hardcore punk,[1][2][3] aínda ques os seus membros opuxeronse ao uso deste termo para describir a súa música. Tamén é unha banda de reggae, aínda que en posteriores gravacións introduciron elementos doutros xéneros como funk, heavy metal,[1] hip hop e soul. Bad Brains son destacados seguidores do movemento Rastafari.
Orixinalmente formouse como un conxunto de jazz fusion baixo o nome de Mind Power, pero Bad Brains desenvolveu un son punk rock moi rápido e intenso que sería etiquetado como "hardcore", e adoitou a tocar máis rápido e con máis énfase que moitos dos seus compañeiros. O único factor da música da banda foi o feito de tocar ritmos máis complexos que outros grupos de hardcore punk, tamén adaptando uns "solos" e "riffs" de guitarra de estilo non punk nos seus temas.
Bad Brains separouse e reformouse varias veces ao longo dos anos, ás veces con diferentes vocalistas e/ou baterías. A formación clásica e actual está composta polo vocalista H.R. (Human Rights), o guitarrista Dr. Know, o baixista Darryl Jenifer e o batería Earl Hudson, irmán máis novo de H.R.
Remove ads
Discografía
Álbums de estudio
EPs
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads