Modesto Brocos
pintor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Modesto Brocos Gómez, nado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1852 e finado no Río de Xaneiro o 28 de novembro de 1936, foi un pintor galego-brasileiro.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Brocos.
Remove ads
Traxectoria
Era irmán do escultor Isidoro Brocos y Gómez, profesor da Academia de Belas Artes da Coruña. Terminados os estudos, aos dezaoito anos, pretendeu gañarse a vida na Arxentina, mais dous anos despois estaba no Brasil ilustrando o semanario O Mequetrefe, de Río de Xaneiro. Introduciu no país a técnica do xilogravado aplicándoa nas súas ilustracións.
En 1875, inscribiuse como alumno libre na Academia Imperial de Belas Artes, onde recibiu clases de Vítor Meireles e Zeferino da Costa.

De xenio inquedo, antes de dous anos mudouse a París, onde ingresou na Escola de Belas Artes, tendo como mestre ó alemán Henri Lehmann. Incontento, marchou a Madrid, regresando ó pouco a París e despois marchando a Roma, onde encontrou ó seu protector, o artista español Pradilla. Frecuentou durante cinco anos a Academia Chigi ata 1890. Nesa época xa era un artista maduro, autor de excelentes obras e frecuentador do Salon parisiense. Na condición de pintor con formación completada, retorna a Río de Xaneiro por invitación de Rodolfo Bernardelli, daquela director da Escola Nacional de Belas Artes, sucesora da vella Academia Imperial.
Profesor da Escola Nacional de Belas Artes durante a Primeira República Brasileira, fixou con realismo os tipos e as escenas brasileiras. Practicou diversos xéneros de pintura e foi autor de libros como A questão do ensino de Bellas Artes (1915) e Retórica dos pintores (1933).
Remove ads
Galería de imaxes
- As tradicións do Apóstolo Santiago en Galicia, 1897.
- Olevano, 1899. Pinacoteca do Estado de São Paulo.
- Camponesa. Pinacoteca do Estado de São Paulo.
- Gravado do emperador Pedro II do Brasil
- Retrato de Rosalía.
- Redención de Cam
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Modesto Brocos |
Bibliografía
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Pablos, Francisco (1981). Pintores gallegos del Novecientos (en castelán). Fundación P. Barrié de la Maza. pp. 28–33. ISBN 84-85858-06-9.
- Teixeira Leite, José Roberto (1996). Pintores espanhois no Brasil. São Paulo. Espaço Cultural Sérgio Barcellos (en portugués).
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads