Moega
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A moega[1] ou moella[2], tamén chamada ventrículo, é un órgano que se encontra no tracto dixestivo dalgúns animais, como os arcosauros (dinosauros incluíndo as aves, pterosauros e crocodilianos), miñocas, algúns gasterópodos, algúns peixes e algúns crustáceos e insectos. Trátase dun estómago especializado formado por grosas paredes musculares que se usa para triturar a comida, con frecuencia coa axuda de partículas duras como pedras ou grava. En certos insectos e moluscos, as moegas teñen placas ou dentes quitinosos.
Remove ads
Estrutura

En aves
As aves tragan a comida sen mastigar, xa que non teñen dentes, e almacénana no seu papo ou boche se é necesario. Despois a comida pasa ao seu estómago glandular e dixestivo, tamén chamado proventrículo, que ás veces tamén se denomina estómago verdadeiro. Esta é a parte secretora do estómago. Despois a comida pasa á moega ou moella (tamén chamada estómago muscular ou ventrículo). A moega pode triturar a comida grazas ás súas paredes musculares e ás pedras situadas alí que oi animal tragou, e despois o alimento se transporta de volta ao estómago verdadeiro, e de novo desde este á moega. As moegas das aves están tapizadas dunha capa basta resistente feita dun complexo de carbohidrato-proteína chamado koilina, para protexer os músculos da moega.
En comparación, mentres que nas aves o estómago verdadeiro está antes no tracto dixestivo antes da moega, nos saltóns a moega está antes do estómago, mentres que nas miñocas só hai moega e non estómago.
Gastrólitos nas moegas
Algúns animais que carecen de dentes tragan pedras ou grava para axudar a fragmentar a comida dura, como por exemplo sementes, o que axuda á súa posterior dixestión.[3] Todas as aves teñen moegas, pero non todas tragan pedras ou grava.[4] Estas pedras denomínanse gastrólitos e xeralmente están arredondados e lisas pola acción de pulimento realizada na moega. Cando están demasiado lisos para facer a súa función, son regurxitados e substituídos por outros.
Remove ads
Animais con moegas
Peixes
Os muxos mariños (Mugilidae) e os alosinos (peixes d auga doce de lagos e ríos) teñen moegas. O Salmo stomachius, unha especie de troita que se encontra no Lough Melvin, un lago do norte de Irlanda, teñen moega que se usa para axudar a dixerir os caracois acuáticos que comen.
Réptiles
Os aligátores e os crocodilos tamén teñen moegas.
Aves
Todas as aves teñen moegas.
Crustáceos

Algúns crustáceos teñen unha especie de moega aínda que a esta xeralmente se lle chama muíño gástrico.[5]
Dinosauros non aviarios
Crese que moitos dinosauros tiñan moegas debido ao descubrimento de gastrólitos en asociación cos seus fósiles; entre eles están os seguintes:
- Psittacosaurus
- Massospondylus
- Sellosaurus
- Omeisaurus
- Apatosaurus
- Barosaurus
- Dicraeosaurus
- Seismosaurus
A crenza de que Claosaurus tiña tamén moega foi desacreditada, xa que os restos fósiles estaban baseados en restos doutra especie e as pedras eran simplemente cantos de río.[6]
Pterosauros
Polo menos algúns pterosauros parece que tiñan moegas. Os casos máis notables son o Pterodaustro (deducido polos gastrólitos atopados) e Rhamphorhynchus (preservación directa).[7][8]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads