Quitina
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A quitina é un polisacárido (homopolisacárido) formado por N-acetil-D-glicosamina, compoñente principal das cunchas dos crustáceos, das cutículas dos artrópodos e outros animais, e das paredes celulares de certos fungos e algas.[1]
Remove ads
Características

Na súa hidrólise libera ácido acético e glicosamina. Trátase dun polímero de elevado peso molecular formado por monómeros de N-acetilglicosamina unidos mediante enlaces β-1,4. As cadeas son lineais, sen pólas e con varios centos de unidades cunha estrutura que se repite.
A quitina é insolúbel en auga, bases, ácidos diluídos e disolventes orgánicos, pero descompónse en ácidos minerais concentrados e hipoclorito de sodio (lixivia). A súa densidade relativa é 1,425 e detecta ben a súa presenza mediante tratamento con hidróxido de potasio (KOH) concentrado a 160 °C durante 20 minutos, dando unha substancia que se detecta mediante unha mestura de iodo 0,2% en ácido sulfúrico 1%, pola presenza dunha coloración violeta.[2]
Cristalografía
Hai tres formas cristalográficas diferentes de quitina (alfa, beta e gamma-quitina) que se diferencian na ordenación das cadeas e na presenza de auga nos enlaces. A alfa quitina é a única presente na cutícula dos artrópodos.
Quitosano
- Artigo principal: quitosano.
O quitosano ou chitosán é un polisacárido catiónico obtido a través da desacetilación da quitina, un proceso que se realiza tratando a quitina con sosa cáustica a altas temperaturas.[3] Este proceso elimina os grupos acetil, transformando a estrutura molecular da quitina e aumentando a súa solubilidade en medios ácidos. O quitosano é amplamente recoñecido polas súas propiedades biocompatibles, biodegradables e antimicrobianas, o que o fai útil en numerosas aplicacións como o tratamento de augas, a fabricación de biomateriais, a industria alimentaria, e como axente antibacteriano e cicatrizante en aplicacións médicas e cosméticas.[4]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads