Moncha Fuentes
escritora, profesora e sindicalista galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ramona Fuentes Arias, nada en Marín en 1952, é unha escritora, tradutora e profesora galega de lingua castelá.[1]
Remove ads
Traxectoria
É licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, residente en Vigo, onde exerceu a docencia no IES Santa Irene.[2]
Colaborou en publicacións como Cadernos Ramón Piñeiro ou A Trabe de Ouro.
Foi candidata pola Frente Popular Galega nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 1997,[3] 2001[4] e 2005.[5]
Obra
Narrativa
- O mar que nos leva (2018). Vigo: Xerais.[6] 160 páxs. ISBN 978-84-9121-451-9. ePub: ISBN 978-84-9121-455-7. Memoria persoal, política e social das loitas obreiras do Vigo de 1972, dos movementos estudantís do ano 68 en Compostela e da emigración a Bos Aires dos anos 30. Novela.[7]
- O tradutor de sombras (2022). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-1110-135-6.[8] ePub: ISBN 978-84-1110-129-5.[9]
Traducións[10]
Do francés ao galego
- Quen lle ten medo ó lobo?, de Fanny Joly (1990). Xerais.
- Omni, alarma nuclear, de Jan Bosschaert (1990). Xerais. Cómic.
- Na Bretaña misteriosa, de Alain Dodier. (1990). Xerais. Cómic.
- Mortos en vida, de Alain Dodier (1991). Xerais. Cómic.
- Xogo de tres, de Alain Dodier (1991). Xerais. Cómic.
- Como unha novela, de Daniel Pennac (1993). Xerais.[11]

Do portugués ao galego
- O lobo guerrilleiro, de Bento da Cruz (1996). Xerais.
- A loba, de Bento da Cruz (2000). Xerais.
Do galego ao castelán
- Amor de Artur, de Xosé Luís Méndez Ferrín (1990). Debate.
En el vientre del silencio, de Xosé Luís Méndez Ferrín (2002). Txalaparta.Con Xosé Ramón Pena no Club Faro de Vigo, abril 2022
Remove ads
Premios
- Premio da Crítica de Galicia 2019 por O mar que nos leva.[12]
- Premio Losada Diéguez, modalidade Creación literaria por O tradutor de sombras.[13]
Vida persoal
Filla de Antonia Arias Díaz e mais de Manuel Fuentes Blanco, é irmá de Manel e Antonia Fuentes Arias.[14] É parella de Xosé Luís Méndez Ferrín, con quen tivo a Oriana Méndez.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads