Monospermo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En botánica, o adxectivo monospermo, feminino monosperma, refírese especificamente a que un froito ou froita dunha planta espermatófita (fanerógama), tanto anxiosperma como ximnosperma, só contén unha soa semente dentro da súa estrutura,[1] sen ter en conta a súa denominación taxonómica ou a forma. Por exemplo, un legume monospermo, unha drupa monosperma.

Este neoloxismo cuñouse a finais do século XVIII, e aparece documentado po primeira vez en 1798 en francés.[2]
Remove ads
Etimoloxía
Este termo está formado pola unión dos elementos mono- e -spermo, -a, tirados do grego antigo μóνος mónos, "só", "único", e σπερμά spermá, "semente".[1][3]
Monospermia
Relacionado con este termo está o substantivo monospermia, co que se denomina:
- a calquera fenómeno relativo ás plantas ou aos froitos monospermos, e
- a fecundación dun óvulo mediante un só espermatozoide, o que constitúe a regra.[1]
O seu antónimo é polispermia que entrou na linguaxe científica moito antes que monospermo, xa que aparece en inglés a finais do século XVII (monosperm non entrou no inglés até 1879).[4]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads