Montán, Samos
parroquia civil do concello de Samos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa María de Montán é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 31 habitantes (18 homes e 13 mulleres).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Montán.
Remove ads
Patrimonio
A igrexa parroquial de Santa María de Montán é de orixe románica, construída con muros de cachotería, sufriu varias reformas. No interior destaca a grande altura da nave. O acceso conta cun pequeno cabido con cuberta de lousa a tres augas. Conserva un retablo neoclásico con tallas do século XIX.
Documentos do mosteiro de Samos de entre 1058 e 1195 refírense ao lugar como San Miguel de Montán e informan sobre un santuario con reliquias de San Miguel e Santo André (loco sancto isto de Sancti Michaelis et Sancti Andree, quorum reliquie ibidem sunt recondite in villa vocabulo Montan). Montán é, por tanto, a Villa sancti Michaelis que o Códice Calixtino menciona entre Triacastela e Barbadelo, o que confirman os peregrinos posteriores (s. XV) que mencionan un lugar de San Miguel (Sent Michaele, San Michele) situado entre San Xil e Furela. O cambio da advocación de San Miguel pola de Santa María produciuse antes do 1665[3].[4]
![]() Localidade anterior: San Xil de Carballo, Samos a 2 km → |
Camiño de Santiago (Camiño Francés) Montán, Samos (762 msnm) 125 km á Catedral de Santiago de Compostela ![]() |
![]() Seguinte localidade: Fontearcuda, Lousada, Samos → a 0,7 km |
Remove ads
Lugares e parroquias
Lugares de Montán
Lugares da parroquia de Montán no concello de Samos (Lugo) | |
---|---|
Parroquias de Samos
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads