Monte do Castro, Ribadumia
castro en Ribadumia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Monte do Castro ou Castro de Lameán de Arriba, de Ribadumia é un poboado castrexo situado entre as parroquias de Besomaño e Leiro. Está a ser escavado e restaurado dende o ano 2011, con financiamento da Deputación de Pontevedra e dirección do arqueólogo Rafael Rodríguez.
O castro caracterizábase por estar moi destruído por canteiras e obras recentes para a extracción de xabre. Porén, a intervención arqueolóxica no socalco occidental permitiu coñecer unha enorme cantidade de estruturas de diferentes épocas, nun relativamente bo estado de conservación. Nun momento da súa historia o castro semella ter sido destruído completamente por un incendio: este feito tende a interpretarse como froito da violencia da conquista romana, a raíz dos restos atopados[1].
Entre os achados de maior relevancia pode destacarse unha escultura antropomorfa toscamente tallada e moi erosionada, aparecida na muralla na zona da entrada na campaña do ano 2012. Este e outros obxectos procedentes do lugar están expostos no "edificio Sarmiento" do Museo de Pontevedra.
Remove ads
Galería de imaxes
- Escultura antropomorfa atopada na muralla do Monte do Castro de Ribadumia.
- Caldeiro de bronce atopado durante as escavacións
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads