Montoxo, Cedeira
parroquia civil do concello de Cedeira From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Xiao de Montoxo é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 430 habitantes (219 mulleres e 211 homes), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 504 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Montoxo.
Remove ads
Xeografía
Montoxo está situada no extremo sueste do concello, na beira dereita do río das Mestas e na aba occidental da serra da Capelada, o que fai que este territorio sexa un tanto escarpado. Limita ao norte coa parroquia de Régoa dende o alto da Capelada baixando polo rego do Feal até a ponte da Braxe; polo leste linda co concello de Ortigueira dende o rego do Feal polos altos da Capelada e baixando por Penido de Camporredondo, Pedrasmiudas, Peado e Sedeás, até a fonte do rego de Guitín; polo sur limita co concello Cerdido dende o anterior rego até a Pasada de Vagariños no río das Mestas; polo oeste o linde é coa parroquia de San Román de Montoxo, dende a anterior pasada até a Ponte de Braxe no rego de Ferrería.
A estrada de Cedeira que enlaza coa AC-862 de Ferrol a Ortigueira no Campo de Hospital cruza a parroquia polos lugares de Cheda, Teixoeira e Mundín.
Remove ads
Patrimonio
Na beira do rego de Aneiros está a igrexa parroquial de San Xiao, e no lugar de Mundín érguese a capela de Santo Antón e Santo Ignacio.
Lugares e parroquias
Lugares de San Xiao de Montoxo
Parroquias de Cedeira
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads