Teixido, Cedeira

parroquia civil do concello de Cedeira From Wikipedia, the free encyclopedia

Teixido, Cedeiramap
Remove ads

Santo André de Teixido, coñecida popularmente como Santo André de Lonxe, é unha parroquia situada no leste do concello de Cedeira, na Serra da Capelada, preto dos cantís sobre o mar. Segundo o padrón municipal de 2022 tiña 48 habitantes (31 homes e 17 mulleres).

Datos rápidos Concello, Provincia ...

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Neste lugar atópase o santuario de Santo André de Teixido, famoso lugar de peregrinación.

Remove ads

Lugares de interese

Ademais da capela de Santo André, teñen tamén interese a Fonte do Santo e o miradoiro natural de Vixía de Herbeira, por riba dos cantís que, cos 620 metros de altura, teñen a maior cota sobre o mar de toda Europa.

Curro da Capelada

O curro da Capelada é un espazo para a rapa das bestas que se celebra no monte da Pena Toxosa o último domingo de xuño.

Refraneiro
  • A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.
  • A san Andrés van ás veces dous e volven tres.
Cantigueiro
  • A San Andrés de Teixido/ fun coa cesta na cabeza,/ fun por mar e vin por terra/ o santiño mo agradeza [2].
  • Fun ó santo San Andrés/ alá no cabo do mundo;/ sólo por te ver, meu santo,/ tres días hai que non durmo [2].
  • Fun ó santo San Andrés,/ fun alá e hei volver,/ quedoume a ñima mantilla/ no seu altar por coller [2].
  • Fun ó santo San Andrés/ fun coa miña empanada,/ anque o santo é milagreiro/ é amigo da fuliada [2].
  • Indo para San Andrés/ seica me veu un agoiro,/ non puiden levar a pedra/ ó primeiro amilladoiro [2].
  • Meu divino San Andrés/ este ano alá non vou,/ pola falta de diñeiro/ moita xente se quedou [2].
  • Meu divino San Andrés,/ tellas do voso tellado,/ elas de lonxe parecen/ ouro fino amartelado [2].
  • Meu señor San Andresiño/ póñano-lo vento en popa/ que somo-los de Cariño,/ traémo-la vela rota [3].
  • Meu señor San Andresiño/ que está na alta ribeira,/ véñolle pedir, meu santo,/ a salvación verdadeira [2].
  • Meu señor San Andresiño/ que estás na alta montaña,/ este ano vin solteira,/ pro o que vén virei casada [2].
  • O divino San Andrés/ mandou empedrar o mar/ para que os seus romeiriños/ o foran a visitar [2].
  • O San Andrés de Teixido/ está dereito na porta/ mirando para os romeiros/ como lle baixan a costa [2].
  • Pasei a ponte do Porco,/ paseille a man polo lombo,/ meu divino San Andrés/ o voso camiño é longo [4].
Remove ads

Galería de imaxes

Thumb

Lugares e parroquias

Lugares de Teixido

Lugares da parroquia de Teixido no concello de Cedeira (A Coruña)

Biduído | A Candocia | Lamelas | Meizoso | Teixidelo

Parroquias de Cedeira

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cedeira

Cedeira (Santa María do Mar) | Cervo (Santalla) | Esteiro (San Fiz) | Montoxo (San Xiao) | Piñeiro (San Cosme) | Régoa (Santa María) | San Román de Montoxo (San Román) | Teixido (Santo André)

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads