Mosca tse-tse

From Wikipedia, the free encyclopedia

Mosca tse-tse
Remove ads

Glossina é un xénero de moscas hematófagas africanas, coñecidas vulgarmente como moscas tse-tse. É o único xénero da familia Glossinidae. Coñécense 23 especies (ou até 31 segundo outras clasificacións) e diversas subespecies. Son vectores biolóxicos que transmiten o axente patóxeno Trypanosoma brucei, un protozoo que causa a nagana nos animais e a enfermidade do soño ou tripanosomiasis africana no home.[1][2]

Máis información Clasificación científica, Grupos de especies ...
Thumb
Glossina palpalis e G. morsitans segundo o léxico de 1920

As moscas tse-tse actuais existen desde polo menos 34 millóns de anos. Recuperáronse e identificáronse fósiles do xacemento fosilífero de Florissant en Colorado datados con esa antigüidade.[3]

Remove ads

Características

As moscas tse-tse son vagamente similares a outras moscas comúns, como a mosca doméstica, pero poden ser distinguidas por catro características da súa anatomía, dúas das cales son fáciles de observar:

  • A mosca tse-tse prega as súas ás completamente cando está en repouso de tal modo que unha descansa directamente sobre a outra sobre o abdome.
  • A mosca tse-tse ten unha longa probóscide, que se estende directamente cara a adiante e está conectada por un bulbo na parte inferior da súa cabeza.
Remove ads

Especies

O xénero Glossina subdivídese xeralmente en tres grupos de especies, sobre a base da súa distribución xeográfica, comportamento e morfología:[4][5]

  • Grupo morsitans (moscas tse-tse de sabana)
Glossina austeni (Newstead, 1912)
Glossina longipalpis (Wiedemann, 1830)
Glossina morsitans (Wiedemann, 1850)
Glossina morsitans morsitans (Wiedemann, 1850)
Glossina morsitans centralis (Machado, 1970)
Glossina morsitans submorsitans (Newstead, 1911)
Glossina pallidipes (Austen, 1903)
Glossina swynnertoni (Austen, 1923)
  • Grupo fusca (moscas tse-tse de bosque)
Glossina brevipalpis (Newstead, 1911)
Glossina fusca (Walker, 1849)
Glossina fusca fusca (Walker, 1849)
Glossina fusca congolensis (Newstead e Evans, 1921)
Glossina fuscipleuris (Austen, 1911)
Glossina frezili (Gouteux, 1987)[6]
Glossina haningtoni (Newstead e Evans, 1922)
Glossina longipennis (Corti, 1895)
Glossina medicorum (Austen, 1911)
Glossina nashi (Potts,1955)
Glossina nigrofusca (Newstead, 1911)
Glossina nigrofusca nigrofusca (Newstead, 1911)
Glossina nigrofusca hopkinsi (Van Emden, 1944)
Glossina severini (Newstead, 1913)
Glossina schwetzi (Newstead e Evans, 1921)
Glossina tabaniformis (Westwood, 1850)
Glossina vanhoofi (Henrard, 1952)
  • Grupo palpalis (moscas tse-tse de ribeira)
Glossina caliginea (Austen, 1911)
Glossina fuscipes (Newstead, 1911)
Glossina fuscipes fuscipes (Newstead, 1911)
Glossina fuscipes martinii (Zumpt, 1935)
Glossina fuscipes quanzensis (Pires, 1948)
Glossina pallicera (Bigot, 1891)
Glossina pallicera pallicera (Bigot, 1891)
Glossina pallicera newsteadi (Austen, 1929)
Glossina palpalis (Robineau-Desvoidy, 1830)
Glossina palpalis palpalis (Robineau-Desvoidy, 1830)
Glossina palpalis gambiensis (Vanderplank, 1911)
Glossina tachinoides (Westwood, 1850)

Atópanse en África en selvas onde tamén se atopa a malaria, outro tipo de enfermidade transmitida a través de mosquitos.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads